Sábado noite

As saídas nocturnas dos sábados en Pontedeume son famosas. E non é para menos. Rompen co tópico de que só sirven para emborracharse cando a realidade é outra. Son unha ocasión única para introducirse no complexo mundo da realización e interpretación. Un grupo de xoves non quere perder o tempo e decide un sábado sair de copas coa cámara de filmar presta a dar testemuño da vida nocturna en Pontedeume. Os aprendices de actores e realizadores pretenden, cando as condicións sexan propicias, montar no futuro unha canle de televisión local eumesa. O proxecto non é doado pero contarían co apoio institucional do goberno local. Desde aquí queremos desexarlles moita sorte e, modestamente, suxerímoslles unhas ideas a desenvolver: roubar a poltrona de Belarmino da casa do concello; un partido de fútbol amistoso entre Construeume e Lagares; un debate televisado sobre a viagra realizado na Praza do Conde; etc.
 
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s