A casa dos tolos

Hai certos concelleiros que non acaban de distinguir entre ximnasia e magnesia. Esta última utilízase como laxante e iso debeu ser o que lle pasou ao concelleiro de asuntos sociais de Pontedeume, D. Manuel Rei. O certo é que este señor está empeñado en construir un centro para maiores no polígono industrial de Vidrieiro, a dous quilómetros de centro urbano. Se a intención era obrigar sutilmente aos maiores a facer algo de exercicio, debemos aceptar a proposta como razonábel. Mais parece, dada a lonxanía do proxectado centro, que esta posibilidade non entraba dentro das razóns do devandito concelleiro. Podemos pensar logo que se decantou abertamente pola magnesia e o resultado foi a previsíbel diarrea, neste caso mental.

Alega o Sr. Rei que os anciáns disporán dunha zona verde no polígono industrial pero non sabemos ao que se refire, pois se por verde entendemos un espazo libre de contaminación é dubidoso que así suceda onde hai, entre outras industrias, unha marmolería. Pero se está a falar dun espazo pintado de verde, os usuarios do centro se preguntarán por que esa cor cando a súa líbido xa desapareceu hai tempo; non serán ganas de fastidiar?

Tamén se invoca o nome do técnico municipal para decantarse pola ubicación no Vidrieiro, esquecendo que escudándose en informes técnicos municipais se consentiron obras que logo resultaron contravir a lexislación.

Como unha razón máis argüíase o feito que en Vidrieiro existirían espazos para aparcadoiro. Un dos maiores que estaría disposto a acudir ao centro, preguntábase que obxecto tiñan as prazas de aparcadoiro se el, e a maioría dos seus compañeiros, non dispoñían de automóbil e terían que desprazarse en autobús ou en taxi, para rematar afirmando: “o mellor que nos poden ofrecer é que a corporación se exilie a Vidrieiro e nos deixen a casa consistorial aos maiores”.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s