O comercio en Pontedeume

Lese na Voz de Galicia que o sábado pasado os axentes da policía municipal desaloxaron a tres inmigrantes que vendían discos no Feirón. Sabido é que cada gremio mira polos seus intereses e poucas veces estes son compatibeis coa solidariedade. Suponse que os comerciantes teñen as súas razóns para exixir ao concello que actue contra os “ilegais”. Tamén se supón que o concello debe atender as demandas dos eumeses para facer cumprir a lei, aínda que sabemos que non sempre é así; depende de quen llo pida e a quen prexudique. Explicaremosnos. Desde hai un tempo vense reclamando que o concello revise certas obras en construción pola presunta ilegalidade na que incurren, porén o concello fai oidos xordos a estas reclamacións. Os prexudicados das posibeis inspeccións son homes brancos e ricos. Pola contra non custa traballo actuar contra os acusados polos comerciantes (perdón, pola asociación de comerciantes) que ao fin e ao cabo son negros e pobres.
Por máis voltas que lle damos ás causas deste acoso antipirata non lle atopamos nengunha resposta. En Pontedeume non existen comerciantes que vendan discos, polo que temos que desbotar a idea inicial de que se vulneran intereses gremiais. A fácil explicación dun odio racial non parece sustentarse habida conta que os galegos non somos xenófobos. Quizais poda pensarse que a razón estribe nun agravio comparativo por canto os comerciantes vense obrigados a pagar relixiosamente (ou laicamente) os seus impostos, pero os datos non parecen avalar esta hipótese. Moitos dos autónomos que levan anos funcionando nesta vila non pagaron o que xa entón era preceptivo, a licenza de apertura. E non a pagaron porque o concello xa de aquela estaba aqueixado da desidia que hoxe o caracteriza. E máis, cantos dos comerciantes declaran a Facenda o que realmente venden?
En fin, un misterio que non parece desvelarse. O que si parece certo é que os inmigrantes fan o traballo que aquí non queremos facer os nacionais e iso non é óbice para impedírllelo.
Esperando que veñan mellores tempos, voume axiña a mercar ao Corte Inglés o disco de Manu Chao titulado “clandestino” coa pretensión de contribuir a manter os postos de traballo dos empregados do Sr. Álvarez, que ademais son brancos e guapos.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

4 Responses to O comercio en Pontedeume

  1. pirata di:

    A autorización municipal para a venda ambulante implica as seguintes obrigas(resumo):
    En canto á venda:
    1. Ter á vista a autorización do concello
    2. Respetar o horarios…
    3. Ir á feira, mantendo o posto con actividade…
    4. Vender productos para os que estea autorizado.
    5. Cumprimento da normativa de protección ao consumidor…
    6. Conservar facturas da mercadoría posta a venda
    7. Respeto á clientela…
    8. Comunicar modificacións…
    En canto aos postos:
    1. Non se poderá ocupar un espazo superior ao autorizado.
    2. Deberán conservarse os postos en perfecto estado de limpeza.
    3. O espazo quedará, tras a retirada, libre de lixos.
    4. Prohíbense anclaxes…
    Será a Policía Local a encargada de facer cumprir as normas que van en beneficio do pobo. Non só dos comerciantes, que tamén é certo que poden ser os máis beneficiados en este apartado.
    Ao mellor o que ocorre é que son os eficientes municipais os que non se queren meter coa gran maioría dos ambulantes que incumpren as normas e cubren o expediente, para saír na prensa, expulsando a tres \\\”top-manta\\\”.
    Estou convencido de que cando a Asociación de Comerciantes solicita que se cumpla a Ordenanza municipal de venda ambulante, faino mirando o seu ben (repito que creo que tamén nos beneficia a todos) pero seguro que non é o top manta o que (como explicas) lle faga máis competencia. Seguramente a maioría soltou unha risotada ao ler a nova do xornal.
    En canto ás acusacións de non pagar licencias ou impostos é fácil acusar en xeral sen dar máis datos pero creo que cometes moitas inxustizas.
    PD: Non son comerciante nin tampouco xenófobo

  2. pirata di:

    Tamén, como en Pontedeume non existe ningún local destinado á venda de droga (como actividade para a que foi aberto), podemos tolerar que vendan droga polas rúas?.
    Eses negros (como ti dis) están explotados por alguén e o feito de que ese sexa o seu modo de sustento non implica que debamos tolerar tal situación.
    Tamén é certo que a policia local debera ter o mesmo celo profesional coas moitas cousas ilegais que acontecen tódolos días na vila.
    PD Non son comerciante nin xenófobo
    Aínda que esta vez non estou moi de acordo co artigo, anímote a seguir co blog xa que é bo para a vidilla da vila

  3. Paco di:

    * Los jueces de Barcelona absuelven de forma reiterada a los ‘top manta’
    Seis sentencias de la Sección Séptima de la Audiencia de Barcelona han sentado jurisprudencia al absolver o confirmar la absolución de otras tantas personas acusadas de practicar el top manta. El argumento fundamental de las sentencias es que quienes viven de esta forma de venta irregular son “el último eslabón del comercio ilegal a través de personas que solo buscan un medio de ganarse la vida”. En consecuencia, las sentencias concluyen que la intervención penal debe ser mínima y que existen vías administrativas para sancionar estas conductas.
    Pocos argumentos cabe oponer a la sensibilidad de los magistrados ante un problema humano en el que se ven atrapados quienes, manipulados casi siempre por redes mafiosas, intentan huir de la miseria por cualquier medio. Solo cabe considerar delitos las infracciones de este tipo a gran escala. Aplicar los mismos criterios a quienes consiguen modestos ingresos constituye una asimetría manifiesta entre la infracción que cometen y el daño que causan. A lo que hay que añadir que el gran agujero en el mercado del audiovisual no es, por supuesto, el top manta, sino la oferta de descargas gratuitas a que tiene acceso cualquier internauta.
    Nadie pone en duda que toda forma de comercio no regulado debe ser perseguido por la Administración para ahuyentar el fantasma de la inseguridad jurídica, a la que aluden las empresas. Pero el camino elegido por la fiscalía –solicitar condenas de un año de cárcel, sustituidas por la expulsión inmediata– constituía una evidente desproporción porque descargaba todo el peso de la ley en las víctimas indefensas de todas las perversiones relacionadas con la inmigración clandestina.

  4. Paco di:

    O anteriro comentario é unha transcrición dunha noticia aparecida nun xornal catalán: El Periódico

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s