As intencións agochadas

Acaban de anunciar que se vai construir (repetitiva palabra na nosa vila) unha instalación no peirao de Pontedeume para albergar ao club Firrete e ao club de vela O Peixe. O concello destinará 600.000 euros (100 millóns das antigas pesetas) a esta obra que pretende ser un paradigma de modernidade dentro da arquitectura local como no seu día o foi a Praza do Pan ou a Praza do Convento.

Cremos que, desde certo punto de vista, este proxecto é un acerto, aínda que pode haber quen lle saque punta para desmerecer o labor do goberno municipal. Non é doado tomar decisións nas que se inviste semellante cantidade cando son tantas as necesidades. Hai que valorar os pros e os contras. Evidentemente intúese a simple vista que potenciar este tipo de deportes pode ser un investimento de cara ao futuro de Pontedeume como vila náutica, non confundir con mariñeira. Sabido é que hoxe ten un grande atractivo o deporte acuático, desde as motos ata os grandes iates. Os turistas que se achegan todos os anos a Pontedeume teñen unha clara debilidade pola práctica destas actividades. Diariamente vemos surcar a ría infinidade de piraguas ou exiguas embarcacións de vela nas que os máis pequenos dan os primeiros pasos na aprendizaxe desta arte.

O club Firrete ten unha merecida sona de labor fructífero entre os xoves de Pontedeume, conseguindo valiosos premios ao longo de moitos anos. Nada que obxectar pois ao feito de dotalo dun espazo para as súas actividades. Non podemos dicir o mesmo do club O Peixe, pois non o coñecemos salvo de ver no peirao unha ridícula caseta na que algunhas veces se atopa algún dos seus membros. Pero non debemos reparar no tamaño das asociacións e si na calidade. Porque se de cantidade se tratase, teriamos que falar da escola de música Charamela ou do grupo folclórico Orballo. E isto xa é outra cousa. Estes grupos tamén teñen unha traxectoria chea de éxitos no mundo cultural; o que sucede é que a cultura non ten o mesmo gancho para o turismo que a navegación. E debemos mirar polo beneficio que supón o turismo para o desenvolvemento da nosa vila. Todo o que fagamos para atraer persoal que deixe aquí os cartiños, será positivo. Urbanizacións, paseos marítimos, peiraos deportivos, campos de golf, etc. Hoxe empezamos con caiucos de vela e mañá aparecen iates de 15 m. de eslora, como o do alcalde de Ortigueira. Un camiño ao progreso.

Sabemos que os de sempre van clamar contra este despropósito de investimento; que nos lembrarán que Orballo ensaia no patio dun colexio público, chova ou faga sol; que Charamela non dispón de presuposta para pagar a máis profesores de música; que o xardín de Lombardero (o único que hai) non está acondicionado para o ocio dos máis pequenos; que se poderia albergar aos dous clubes de remo nos almacéns de Raxoi, conseguindo así que estes se mantivesen en bo estado e á marxe das accións vandálicas dos botelloneiros; etc. Non poden negar que as súas ideas son anacrónicas, propias dun tempo lonxano e cheas de idealismo. Unha posición moi cómoda, mais de idealismo non se vive. Necesítase pragmatismo para encarar o futuro ou correremos o risco de ancorarnos nun pasado cheo de privacións, alleos ao mundo do benestar, ignorantes en navegación, e cheos de soños que por non se cumprir trócanse en pesadelos.


 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to As intencións agochadas

  1. O OUTRO di:

    ESTE EDIFICIO NON É MAIS QUE UN NOVO DESPROPOSITO, DE NOVO CEDER ESPACIO PUBLICO PARA UN EDIFICIO SEMI-PRIVADO. É DIFICIL ENTENDER SI XA SE METERON 100 MILLONS NA REHABILITACIÓN DOS ANTIGOS ALMACENS, PORQUE NON SE DEDICAN ESTOS NOVOS 100 MILLONS EN COMPRAR A PROPIEDADE DOS ALMACENS CHEGANDO A UN ACORDO COS DONOS É EVITANDO O DETERIORO DO QUE XA SE GASTOU HASTA AGORA SIN COÑECER QUE RESULTADO PODE DAR O SEU PASO POLA XUSTIZA. ESTE GOBERNO MUNICIPAL NON É MAIS QUE UN LOTE DE BORRICOS E CON CADA NOVA ACTUACIÓN NON FAN MAIS QUE ENTERRAR MAIS A ESTA VILA.

  2. patade di:

    \\\”Urbanizacións, paseos marítimos, peiraos deportivos, campos de golf, etc. Hoxe empezamos con caiucos de vela e mañá aparecen iates de 15 m. de eslora, como o do alcalde de Ortigueira. Un camiño ao progreso.\\\”
    Cóstame creer que penses así (¿ou é unha ironía?)¡QUE TRISTE!
    Hai moitos pobos que, parecendo aínda medievais (esto por facer unha esaxeración explicativa), viven case que unicamente do turismo. Pero non do turimo de masas. Un turismo respetuoso co patrimonio paisaxístico e artístico.
    En canto ao tema do artigo, o meu apoio a tódolos clubes deportivos, pero como o do anterior comentario, opino que os almacéns de Raxoi deberan de ser o sitio indicado. Están case que abandoados e os cartos da súa recuperación parecen enterrados. Da noxo velos con eses tellados cheos de vidro. Unha penuria máis de Pontedeume

  3. ascroas di:

    Crin que estaba clara a ironía do escrito. Lamento non saber facelo mellor. En todo o demais estou de acordo co que dis.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s