Lección maxistral no colexio de Andrade

No colexio de Andrade hai problemas coa auga que consomen os nenos. Polo que parece ten certo sabor a óxido, pero non sempre é así. Segundo o concelleiro de educación, Manuel Rei, a causa pode ser o ferro do que están feitas as tubaxes da condución da auga. Apreciación apresurada que non explica por que só ás veces existe este sabor; mais se se trata de chumbo o material que forma as tubaxes, altamente canceríxeno. Sería bo lembrar ao responsábel municipal que existen métodos de detección para coñecer a composición do líquido elemento e que a Consellería de Sanidade está ao seu servizo para proceder a esta análise. Aínda que non é esta unha opción senón unha obriga.

Segundo recolle La Voz de Galicia, ao tratarse dunha obra que o Concello considera «moi custosa», o goberno local transmitiralle a queixa á Consellería de Educación para intentar que «nalgún momento a teñan en conta e se poidan cambiar as tubaxes para evitar molestias».
Agardemos que o teñan en conta axiña se non queremos perder alumnado nas nosas escolas, pero, sen inculcar preocupación entre os pais, sabemos que as queixas ante Educación teñen o don da ralentización. Se por riba envian un escrito aos seus responsabeis falando da posíbeis “molestias” que pode ocasionar o consumo da auga, vanse rir da equiparación entre envelenamento e molestia, se ben o primeiro conduce ao segundo.
Outro apresuramento máis, nada asegura que a posíbel incidencia estea nas tubaxes do colexio e non nas conducións públicas que abastecen á poboación (servizo case gratuito de Aquagest), polo que se así fose teríase que trocar o destinatario da reclamación.
Unha última apreciación sobre o custo. Lamenta o Sr. Rei que o arranxo sería moi custoso para o concello e pensamos que ao mellor ten razóns para atreverse a dicir algo tan politicamente incorrecto se pensamos no importante que é a saude dos nosos nenos. Posibelmente tivese en mente o gasto que acaba de afrontar o concello coa construción dun local para fomentar os deportes náuticos.

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s