Limpagest

prazadopan.jpgVénsenos á memoria aquel chiste duns feligreses que querían regalarlle ao cura unha capa, dado o pésimo estado da que levaba vestindo tantos anos. Un grupo deles foi o encargado de pedir pola aldea para a adquisición da prenda. Pero cando chegou o momento de pedir ao ateo do pobo, un home que nunca tivo reparos en despotricar contra a igrexa sobre todo cando estaba bébedo, non sabían como facelo. Un dos comisionados atreveuse a solicitar unha aportación para a capa do cura. O anticlerical por devoción respostoulle: “de acordo, todo o que queirades. Pero cunha condición, deixádeme capalo a min”.

Isto ven a conto da nova publicada polo Diario de Ferrol na que o alcalde de Pontedeume, Sr. Freire, adianta a súa intención de privatizar o servizo de limpeza do concello. Nós non temos nada que obxectar, pero sempre e cando comecen por limpar o propio concello.

E de novo a fatídica cifra de 600.000 euros, a mesma que se vai investir en construir a sede de actividades náuticas no peirao. Para a optimización do servizo de limpeza necesitaríase esta cantidade en 10 anos. Pero se reparamos no informe que avala a decisión da privatización, chegamos a unhas conclusións dificeis de entender. O concello recada cada ano pola aportación dos veciños a cantidadae de 183.000 euros, o que supón que ao cabo de 10 anos tería recadado 1.830.000 euros. Unha cantidade máis que suficiente para modernizar o servizo e para pagar algún crédito se fose preciso adiantar o pago. Por certo, o informe levóulle máis dun ano elaboralo ao concelleiro de facenda.

Se alguén non ve críbel este razoamento, contestarémoslle con outro. Se o servizo non é rendíbel, como pensar que unha empresa se pode facer cargo del? Este interrogante ten unha soa resposta: o aumento das taxas de recollida do lixo, é dicir, unha aportación máis dos veciños para alimentar a esas empresas que se nutren da ineptitude dos alcaldes.

Sabemos desgraciadamente como funcionan este tipo de empresas. Temos un exemplo moi perto de nós para atestigualo. Aquagest debería dotar a este concello de auga abundante e de calidade, mais abemos quenon sempre é así. Son numerosos os cortes no suministro e noutras ocasións a auga está tan contaminada pola lama que resulta inservíbel para a cociña ou para o aseo. E desde logo non será porque non pagamos o servizo. E non se pode negar que o facemos xenerosamente.

O que si temos que agradecerlles é que recoñezan que a limpeza en Pontedeume é un problema. O que temos que criticarlles é que cada vez que hai problemas na xestión da cousa páublica, se recorra á privatización, admitindo implicitamente a ineptitude dos rexedores e esquilmando as arcas públicas en favos das empresas privadas.

Estes vasallos non se merecen aqueles señores.

 

 

 


 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s