A mala educación

A educación de Bas ReliefA recente paralización das obras do colexio Couceiro Freixomil serviron para que de novo o concelleiro de educación, D. Manuel Rei, a quen algúns xa tachan de superconcelleiro a tenor das numerosas intervencións e do apoio devoto dos seus camaradas, tomase a palabra e tentase explicar as causas da intervención do concello.

“Non queriamos crear alarma social”, esta foi a razón pola que non fixeron pública a noticia nun primeiro momento. Evidencia isto que o Sr. Rei ten unha conciencia moi clara da importancia da interrupción das obras. Non se pode dicir o mesmo doutros concelleiros.

Tamén demostra que sabe facer autocrítica e aprender dos erros cometidos no pasado cando afirma que “non imos cargar co morto dunha licenza sen os permisos necesarios de Costas”. Aínda que non o diga expresamente, recoñece a desafortunada intervención do concello cando concedeu licenzas de obras en zona de costas sen contar cos permisos necesarios de Costas.

Critica tamén o Sr. Rei á consellaría de educación por non dar resposta ás súas demandas. “Educación ten un funcionamento horroroso, o único que fan é dar largas, …aínda non contestou ninguén”. Lamentablemente diversos colectivos e grupos políticos de Pontedeume tamén se queixan do mesmo en relación ás demandas que plantexan ante oconcello. Pensa o concelleiro que non é xusto exixir ao goberno local un comportamento que organismos superiores non o asumen como norma. Quizais non lle falte razón; coñecida é a influencia que os mestres exercen sobre os aprendices.


 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s