Carta ao Alcalde de Pontedeume

Permitímonos aquí reproducir unha carta aberta que o colectivo Fusquenlla destina ao alcalde de Pontedeume. Cremos que é unha crónica máis da vida social da vila que ultimamente está moi focalizada no urbanismo. Que sexa para ben. O que nos preguntamos é se o Sr. Freire será quen de entendela pois despois desas palabras súas no pleno, pódelle resultar inintelixíbel o escrito do colectivo que parece empeñado en derrubar as fortezas como antaño fixeran os seus homónimos.

 

Recollido de La Opinión: El alcalde manifestó que dará instrucciones a la secretaria para que el COE reciba el informe (que el arquitecto municipal redactó sobre a antiga casa de D. Pablo) y explicó que cuando Fusquenlla solicitó el documento, él todavía no lo había visto. “No lo vi, no me dió tiempo a dárselo y ya dicen que se les deniega el acceso, pues entonces lo que hago es no darlo, que vayan al juez, al fiscal, a donde quieran”, racalcó. (27-10-06)

Sr. Alcalde Presidente do concello de Pontedeume:

Hai xa un ano, desde estas mesmas páxinas, un cidadán amosábase desorientado, enoxado e descrido sobre a posición que vostede tiña en relación ao urbanismo. Agora somos moitos máis os que compartimos eses sentimentos e ademais engadímoslles outro: a vergoña. Vergoña de ter como representante alguén que non sabe gardar a compostura nos plenos da que fai gala na rúa; vergoña do cidadán que se sinte defraudado pola esperanza posta nun goberno que prometía un futuro mellor para a vila.

As súas palabras que se reproducen aquí, son produto, cremos nós, dun estado de intranquilidade que lle impide actuar coa debida mesura. Cando Fusquenlla solicitou o informe do arquitecto municipal foi o 11 de outubro deste ano, e dito informe xa levaba máis de dous meses nas dependencias do concello. Se vostede di non telo visto, haberá que concluir que foi debido a unha desidia tan característica en vostede que lle fixo ignoralo durante todo ese tempo; porque outra posíbel explicación, a simple mentira, preferimos non considerala por non incrementar a sensación da que nos lamentábamos anteriormente.

Se vostede fose máis honesto consigo mesmo, recoñecería que non entra nas súas intencións entregar ese documento como non entregou outros que sistematicamente lle vimos pedindo desde hai un ano, conculcando así un dereito que obrigou á intervención do Valedor do Pobo. Algo importante deben agochar eses papeis para preservalos das olladas públicas, pero non demostra intelixencia cando esquece que algún día non estará aí para protexelos e entón a cidadanía xulgará criticamente o seu labor e a súa parcialidade. Poderá ter o recoñecemento, e quizais algo máis, daqueles promotores aos que beneficiou, mais non terá o do pobo polo que dixo traballar.

Pero preocúpanos máis a súa concepción da xustiza que o seu final como alcalde. Esa indiferencia, ou prepotencia, ante a posíbel acción xudicial revela un forte menosprezo da legalidade en quen, por riba dos demais, debería ser o seu valedor. Non seremos nós os que lle aconsellemos trocar esa actitude presuntuosa ante a xustiza por unha cualidade merecedora da súa persoa, pois tememos que, ofuscado pola sombra de tanta construción, se convirta en presunto o que antes era presuntuosa.

Pola nosa banda, e sen deixarnos provocar polo envite da súa proposta, faremos o que, desde a nosa posición de cidadáns respetuosos con Pontedeume, teñamos a ben decidir, sen menosprezar nunca á xustiza e colaborando con ela cando esta o requira.

 

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s