A incontinencia (verbal) dos rexedores

barcas-na-ria.jpgQuitámolas todas e punto“. Nada pode definir mellor a filosofía do concelleiro de servizos. Sr. Agras. A resposta adecuada ao roubo das farolas que iluminaban o paseo marítimo de Pontedeume. Por certo, algo inaudito e posiblemente irrepetíbel, agás en paises menos desenvolvidos.
Os amigos do alleo, eufemismo de ladróns que se utiliza para os delitos de pouca monta, tiveron que realizar a operación en dous días distintos. Sabiamente o concelleiro decidíu que non había que darlles a oportunidadae de voltar ao terceiro para levarse o que quedaba. A vixiancia nocturna en Pontedeume é moi cara, sobre todo desde que algúns gardas foron desprazados a tarefas de vixiancia urbanística dada a enorme cantidade de delitos cementeiros que se estaban a cometer.
Pero non é esta lectura a única intelixente que se lle pode atribuir ao Sr. Agras. Creou o precedente que permitirá evitar o espolio dos bens públicos. Coa oportuna retirada do valioso patrimonio, os ladróns non terán onde meter man. Xa posto a traballar, imbuido dun exceso de celo e anticipándose a novas accións dos alevosos delincuentes, mandou retirar os pasatempos infantís do xardín de Lombardero.
Desde esta páxina queremos facer un chamamento aos desaprensivos rateiros para que cesen neste tipo de actividades pois do contrario quedarémonos sen bancos públicos, fontes, estatuas e todo aquilo que entre dentro das competencias do Sr. Agras.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s