Augas sen control

mercado-municipal.jpg As choivas inundaron varios postos do mercado municipal de Pontedeume, demostrando novamente que quen posúa este sobrenome, o de municipal, está condenado a padecer algunha mutilación. Vendedores do mercado xa presentaron varias reclamacións ante o Concello polas perdas sufridas.

En contrapartida, o Concello mostrouse onte totalmente «solidario» coa situación que están a padecer os comerciantes. Alguén imaxina a Bush amosando a súa solidariedade cos iraquies, a Israel cos palestinos ou a Aquagest cos eumeses? Porque esta empresa está castigando a Pontedeume cunha das maiores penas que se poden inflixir aos veciños: a falta de auga. Os comerciantes, como sempre en primeira liña, protestan polos constantes cortes no suministro, o que lles produce unhas inxentes perdas nos seus negocios. Aquagest está estudando a posibilidade de encauzar a auga das choivas e incorporala á traída, evitando así dous problemas: o anegado do mercado e a falta de suministro.

Pero volvendo ao mercado municipal, que tanta tinta fixo correr ao noso superconcelleiro de comercio. Como parece que aínda non está claro o sistema de financiación da rehabilitación deste monumento comercial, o Concello opta por reparchear a cuberta, que está como un coador, para evitar máis inundacións e a conseguintes inspeccións de Sanidade que poden desembocar no peche do recinto, segundo explica o Sr. Rei. Estamos seguros que non lles será difícil aos nosos concelleiros eludir as temidas inspeccións. Experiencia non lles falta.


<!– // // –>

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Augas sen control

  1. Andrés Nidáguila Casal di:

    Si os es posible me gustaría que me informaseis del problema que existe con la Avenida de Ricardo Sánchez que cada vez que padecemos unas pocas precipitaciones se inunda. Si os corresponde,¿sería posible que limpiaseis las alcantarillas de forma que el desagüe funcionase más adecuadamente, o cual es el problema que provoca este contratiempo?.
    Desde hace mucho no veo que las alcantarillas se revisen ,lo que me da la impresión que no es aconsejable por lo anteriormente expuesto y por que este problema puede producirse en cualquier otro sitio con los mismos resultados.
    Según parece tenéis problemas con la depuradora ya que las aguas fecales y pluviales van por el mismo desagüe, ¿sería factible que poco a poco fueseis resolviendo este problema, calle a calle, año a año?.
    Como veis esta son sugerencias y preguntas que desde la Asociación de Vecinos nos hacemos y si sois tan amables nos gustaría muchísimo que nos respondieseis.
    Nos ponemos ,desde aquí, a vuestra disposición.Un saludo para todos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s