Limpeza a fondo

p10003280.jpgCoñecido é o calamitoso estado das rúas, prazas, xardíns, paseos e demais zonas públicas no que a limpeza se refire. Tamén aquí os veciños deixamos moito que desexar, aínda que algúns se enoxen por criticar de novo á paisanaxe. Pero as cousas son como son e nós non podemos cambialas. Quizais empecen a cambiar agora como consecuencia dunha axuda que o noso concello vai recibir para acometer a limpeza de espazos medioambientais. Este auxilio (nunca mellor dito) que concede a Consellaría de Traballo terá unha validez de 9 meses, o necesario para parir e botar a andar polos propios pés. Durante este tempo serán contratadas seis persoas que se encargarán de devolverlle a Pontedeume todo o seu esplendor perdido anos ha por abandono dos respectivos alcaldes e concelleiros de turno.

Por 77 mil euros e durante nove meses, os traballadores tentarán adecentar  os xardíns, tanto da vila como das parroquias, o castelo de Andrade, o paseo marítimo, o entorno de Breamo…e volta a empezar.
Unha vez máis, Pontedeume vive da beneficencia. Algún día será autosuficiente coas taxas que percibirá polas construciones inmobiliarias.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s