MANDATO DIVINO

albrecht_durer_002.jpgA muller nunca o tivo doado nesta sociedade patriarcal e profundamente relixiosa. As decisións son cousas de homes e as execucións, de mulleres. Sobre o seu papel como creadora de vida, semella máis unha víctima que unha heroina. Sempre dixemos que se o home tivese que parir, o aborto sería unha obriga. Lonxe de darlle o mérito que merecen por embarcarse na aventura do embarazo, castígaselles con torturas propias de séculos pasados. Non se lles conceden os dereitos que como persoas teñen senón que se lles priva dos máis básicos, entre outros o dereito a non padecer dor. Cando unha muller ten que acudir a un quirófano para dar a luz, móntana sobre un potro obstétrico sucesor dos utilizados pola Santa Inquisición. Rasúraselle, aplícaselle un enema e un goteo (que acelera o parto e provoca maior sufrimento na nai e fillo) , e manipúlaselle canto sexa necesario segundo o criterio do médico. A continuación, para máis comodidade do persoal médico, aplícaselle unha episiotomía (corte vaxinal). E se ten sorte, evitará unha cesárea. Todas estas prácticas non son recomendadas pola Organización Mundial da Saúde, que aboga por unha atención menos fría, menos intervencionista, máis cómoda para a nai (a ser posíbel na súa propia casa) e máis placenteira. Nalgúns países europeos xa se teñen en conta estas recomendacións da OMS.

Unha veciña eumesa está angustiada porque á xa de por si azarosa vivenza do embarazo ten que sumar a negativa dos médicos a tratala coa anestesia epidural. Non se dá conta esta muller que certos doutores crense valedores dun mandato divino que a condenou a parir con dolor. A Adán díxolle Deus que gañaría o pan coa suor da súa fronte, e a Eva que pariría con dor. Todo por caer na tentación de comer o “froito prohibido”. Unha pena que se acentúa no caso de Eva por ser ela a que tentou a Adán a participar naquela pracenteira experiencia. Un fallo máis de Deus pois o home quedou cos medios de producción e someteu á muller a unha situación de escravitude e dor.

Aqueles que se queixan da intromisión da Igrexia no ensino, hai que lembrarlles que os tentáculos desta magna institución son moito máis longos e moitas veces invisibeis. E se algunha destas mulleres que padecen a condena secular do pecado orixinal acuden á misa os domingos, recomendaríamoslles que abandonen esta práctica ou que sexan coherentes e asuman a dor con certo ascetismo e algo de escepticismo.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to MANDATO DIVINO

  1. Monseñor di:

    Que recen. A salvación das almas está por riba da dor física.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s