LÉXICO EUMÉS

cayuco.jpgNos primeiros anos da evolución os humanos inventaron unha linguaxe para poder comunicarse. Como é natural, esta linguaxe adoptaba formas moi distintas segundo o lugar no que se asentasen os poboadores. Só co transcorrer do tempo e polas relacións que se estableceron entre distintas comunidades, a linguaxe foi perfeccionándose e volvéndose uniforme entre aqueles individuos que compartían o mesmo territorio.

Calquera visitante que chega a Pontedeume decátase da singularidade de certos vocábulos que aquí se usan. Non podemos dicir que sexa por unha falta de comunicación con outras comunidades, como lles ocorría aos nosos devanceiros, pero si por un celo en salvagardar certos atributos que configuran un marcado carácter local. Por poñer unha mostra: teterella para aludir a unha persoa algo aloucada ou inquieta. Unha palabra xa coñecida por todos os eumeses.

Case sempre estes termos mantivéronse dentro dos máis estrictos límites da nosa vila. Pero tamén somos capaces de exportar algunha destas palabras. Agora pódese engadir ao vocabulario xenuino de Pontedeume unha palabra que todo o mundo coñece e utiliza: caiuco, ou en español cayuco. Se utilizamos o Google para buscar este nome veremos que ten máis de 300.000 entradas. Non debe estrañarnos dada a cantidade de veces que os africanos tentan entrar no noso país en busca de pan e traballo. Pois ben, segundo o escritor Alfredo Conde, e para enaltecer a fachenda dos chauvinistas eumeses, a palabra caiuco pode ter a súa orixe na terra dos Andrade. Transcribimos do afamado escritor:

“Por certo, caiuco é palabra galega. Así lle chaman -ou chamábanlle- ás chalanas pola costa de Pontedeume e por aí.”

Non sabemos se esta afirmación do Sr. Conde está fundamentada ou máis ben se trata dunha facundia deste autor. Pero mentres non se demostre o contrario podemos afirmar que dende este intre o léxico eumés xa dispón dun novo termo, e ademais universal. Tanto máis universal, en canto non se resolvan os enormes problemas que padece a poboacion africana.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to LÉXICO EUMÉS

  1. capeloso di:

    Sobre a palavra espanhola “cayuco” e a palavra eumesa ou ártabra “caiuco”.
    Caiuco na ria de Ares, é quase sempre usada para os botes pequenos, pequeninhos, os botes para umha ou duas pessoas como muito, que se usabam para ir desde o peirao à embarcaçom maior.
    Umha possível orige da palavra esta no basco.
    “Kaio” é como lhe chamam às gaivotas por alô. “Kaiuko” podería significar “gaivotinha” ou “de gaivota”.
    Vaia, com todo isto quero dizer que para mim é umha má traduçom, e um exemplo mais de dependência do espanhol, falar dos “caiucos ” que cruzam o estreito, ou navegam na alta mar entre a África e as Canárias, pois essas embarcaçons som grandes, e por aqui, pola ria de Ares, som pouco mais que cascas de noz.
    Um saúdo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s