A CIG DENUNCIA A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA

carro-limpieza.JPGHai dous meses falabamos aquí da posíbel privatización do servizo de limpeza e titulabamos ese artigo co nome de LIMPAGEST. Nel se cuestionaban os argumentos do alcalde que dicía que se necesitaban 600.000 euros en dez anos para acondicionar o servizo co fin de facelo eficaz. Resulta que en dez anos o concello recadaría en concepto de impostos polo devandito servizo a cantidade de 1.830.000 euros, o triplo do necesitado para a modernización do servizo. Concluindo, a privatización agocha un preciado agasallo para a empresa que se faga coa concesión. Pero se alguén aínda pon en dúbida este resultado económico porque pensa que os números non son de fiar, preguntarémoslle se unha empresa que ten por obxecto obter pluasvalías aceptaría un morto por regalo.

Hoxe publica La Opinión unha nova segundo a cal a CIG asocia o interese en privatizar o negocio da merda co despido de dous traballadores por parte do concello. Pode ser unha razón máis que sumar ás anteriores. A un concello de esquerdas non lle interesa ter que despedir traballadores e máis se eses despidos son declarados improcedentes pola xustiza (que haber, haina… ás veces).

Os que como nós fomos educados baixo esquemas moi precisos sobre o branco e negro, o superior e inferior, a dereita e esquerda, non somos quen de adaptarnos a este galimatías ideolóxico do concello de Pontedeume.Daquela, Belarmino Freire (PSdeG) apostaba pola privatización; hoxe, Chacho Agras (IEP) amósase en contra. Un equipo de goberno de esquerdas que despide traballadores e ao mesmo tempo é criticado por unha central sindical afín a un dos grupos que forma parte dese goberno; un goberno que privatiza servizos públicos, que desacata a lei, que ampara a promotores, e que tamén conta coa oposición da dereita representada polo COE e PP; un goberno que contrata a dedo como nos tempos de Celestino Sardiña.Onde hai que situalo? Quen son os que o forman?

A única interpretaciónque se nos ocorre pode parecer moi fantástica pero mentres non haxa outra mellor haberá que outorgarlle certa verosimilitude. Os servizos de intelixencia dos paises máis avanzados crearon escola; implantaron sistemas para desacreditar aos grupos de oposición por medio de corruptelas, infiltrados, sexo, etc. Non está moi lonxe o caso Profumo, ou o caso de Günther Guillaume, que logrou converterse no secretario persoal de Willy Brandt, o canciller alemán que dimitíu unha vez coñecido este caso de espionaxe. Quen non nos di que en Pontedeume estamos a asistir a unha operación de descrédito?

Mentres tanto, os cidadáns estamos confusos, perdidos e buscando a nosa identidade perdida.


 


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s