AS AMAS DE CASA

sarten.jpgComo podiamos esquecernos das amas de casa? Seríamos uns desagradecidos se non falásemos destas imprescindibeis mulleres sen as cales a vida non sería igual. Nestas datas de apego familiar, a asociación de amas de casa de Pontedeume vén de organizar unha serie de cursos para mellor formar a outras abnegadas mulleres ás que nunca os seus maridos e compañeiros lles recoñecerán o seu labor a prol da familia.
O primeiro destes cursos estivo centrado na confección de centros florais con motivos navideños. Conscientes como son elas da importancia de ter un fogar adornado con ornamentos navideños, e conscientes de que non poden esperar que os homes tomen a iniciativa neste asunto, optan por entrgarse á ardua tarefa de decorar as estancias con olores e cores, con flores. Pode que os maridos non as aprecien (as flores) pero será por unha secular falta de sensibilidade do macho ibérico.
O que si valoran é a gastronomía. Por esta razón, as amas de casa (o de amas é un dicir) aprenderán a cociñar novos platos cos que entusiasmar aos homes. Sempre lembraremos a un paisano agradecido ante un plato de guiso confesar, mentres miraba maliciosamente á camareira, que a el era doado conquistalo pola boca. E a quen non? Noutros tempos as mulleres sufrían malos tratos de palabra e obra por non ter a mesa preparada cando o produtor volvía do traballo, famélico e malhumorado, mesmo se o xantar non era do seu agrado. Non poderán repetirse estes malos modos na vila despois desta sabia corrección por parte das donas, que demostran saber adaptarse aos caprichos dos que gañan o pan coa suor da súa fronte.
E para rematar a preparación, nada mellor que unhas panxoliñas. Un ambiente coral para despois dunha boa cea axudará a facer máis levadeira a dixestión do manxar tan agarimosamente preparado. Se despois disto algún home non se sinte satisfeito será porque non aprecia o sacrificio, entrega, xenerosidade e altruísmo da súa muller. Nun caso así sería conveniente que se pensase en incrementar o listado de cursos con outros novos do estilo Kama Sutra ou técnicas de doma de bestas.
Dende aquí animamos a estas amas de casa a persistir na noble tarefa de agradar aos maridos, de servirlles na alegría e tristeza, na riqueza e miseria, na vida e na morte. Que esas outras mulleres que se reclaman do feminismo non socaven a súa fe no papel trascendente da esposa, amiga e nai. A esas feministas hai que contestarlles que mesmo o pensamento do que se reclaman seguidoras, aceptaba o papel da muller dentro do círculo doméstico. Pierre-Joseph Proudhon, insigen pensador francés e pai do anarquismo moderno declaraba que “a igualdade da muller e o home significaría o fin da institución do matrimonio, a morte do amor e a ruína da raza humana. O lugar ideal para a muller é o fogar. Non hai outra alternativa para as mulleres que a de ser amas de casa ou prostitutas”

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s