A DESMEMORIA HISTÓRICA EN PONTEDEUME

banderarepublicanamovimiento21.gifUn pouco tarde a verdade sexa dita pero por fin comézase a falar dos terribeis anos da represión franquista. Cando as víctimas superviventes xa perderon o medo a falar, un medo enquistado na alma durante 60 anos, coñecemos algúns lugares nos que foron enterrados os que foron salvaxemente asasinados polos adaís do nacionalcatolicismo. Os nomes dos axusticiados lograron pervivir na nosa memoria; na dos vencedores borrouse toda pegada dos crímenes cometidos. Quizais para non atormentarse, quizais para non rendir contas ante a lei nin ante o seu Deus.
Moitos organismos e institucións están a se mover para devolver aos mortos unha dignidade que, ainda que nunca perdida, si foi ignorada polas distintas administracións. Téntase que o goberno admita e recoñeza a enorme inxustiza que supón non valorar o desinteresado sacrificio daqueles que entregaron a súa vida pola defensa dunha orde constitucional precursora da actual democracia. Mais aínda que é unha débeda imposíbel de pagar, xa que non é posíbel reparar tamaña inxustiza, si é posíbel facela máis pesada se non se aproveita o momento para afrontala dunha vez por todas.
O concello de Pontedeume ten a obriga moral de recuperar esa memoria e homenaxear aos que foron vilmente asasinados por crer na democracia. Porque en Pontedeume tamén houbo asasinatos e, aínda que silenciados, non son descoñecidos.
Nesta pequena localidade cometéronse moitas barbaridades contra os defensores da república, un sistema libremente escollido polos españois e único lexítimo.
Por citar a algúns, que non os únicos:
  1. Juan Prieto Balsa. Alcalde de Mugardos. Comunista. 33 anos. Obreiro. Fusilado en Pontedeume.
  2. Manuel Serantes Iglesias. Vixiante de pesca.
  3. Felipe Tejedor Torio. Garda municipal.
  4. Rodrigo Álvarez Pardo. 52 anos.Secretario do concello de Ares. “Paseado” en Pontedeume
  5. Leonardo Martínez Novo. De Pontedeume. Mestre.
  6. José Allegue Do Río. Médico.”Paseado” en Pontedeume
  7. José López Lourido. Militante socialista. Ex-alcalde de Ares.”Paseado” en Pontedeume
  8. Ángel García Toribio De Pontedeume. 36 anos. Rexistrador da propiedade. De Esquerda Republicana .
  9. José Tenreiro Delgado. 33 anos. Secretario do concello de Mugardos. Natural de Pontedeume
  10. Leonardo Díaz Rosado. 58 anos. De Pontedeume. Farmacéutico.
  11. Santiago Rodeiro Rodríguez. De Pontedeume.24 anos. Mariñeiro
  12. Ramiro Vázquez Salido. De Pontedeume. 30 anos. Reloxeiro. Socialista
  13. José Ramón Fernández Barral. De Pontedeume. 37 anos. Socialista. Mestre
  14. José Leira Piñeiro. De Pontedeume. 23 anos. Fogoneiro
  15. Antonio Calvo Fernández. De Pontedeume. 25 anos. Canteiro
  16. José María Fernández Calvo. De Pontedeume. 24 anos. Labrego
  17. Rodrigo Pena Ponte. De Pontedeume. 24 anos. Labrego
  18. José Fernández Ares. De Cabanas. Asasinado en Pontedeume
  19. Francisco Muíño Castiñeiro. De Vilarmaior. Asasinado en Pontedeume
  20. Pedro Marcos Silvar. De Monfero. Asasinado en Pontedeume
  21. Benito Souto Corral. Directivo da “Sociedad de Agricultores de Monfero. Asasinado en Pontedeume
  22. Manuel Vázquez Rodríguez. De Pontedeume.50 anos. Mariñeiro
  23. Daniel Bañobre Ares. De Monfero. Asasinado en Pontedeume
  24. Ángel González Gato. De Neda. 24 anos. asasinado en Pontedeume
  25. Secundino IglesiasTenreir. De Pontedeume. 23 anos. Mariñeiro
  26. Manuel Fernández Freijeiro. Natural de Pontedeume. 60 anos. Alcalde de Cedeira pola FP. Militar retirado
  27. Jesús Vázquez Varela. De Pontedeume. 26 anos. Fogoneiro
  28. Manuel Prado Allegue. Funcionario. Con domicilio en A Coruña. 38 anos. Asesor do alcalde de Pontedeume en 1936.
  29. Ramón Sardiña Navarro. De Esquerda Republicana. Empregado dos ferrocarrís. Irmán do seguinte e con domicilio en Pontedeume. 41 anos.
  30. Celestino Sardiña Navarro. 53 anos. Tamén empregado dos ferrocarrís. Secretario interino do concello de Pontedeume en 1936.
  31. Ramón Agras Fernández. 25 anos.Funcionario municipal de Pontedeume.
Todas estas historias son tráxicas e non debemos establecer diferencias, mais algunhas delas teñen sobre si a pesada carga de familiares que se identificaron cos vencedores. Estes familiares, que formaron ou forman parte do actual concello, non deberían ser impedimento para que o goberno local restitúa ás vítimas o que lles pertence por dereito propio e honre a súa memoria espoliada.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to A DESMEMORIA HISTÓRICA EN PONTEDEUME

  1. Paco di:

    O outro día a revista Cátedra presentou o último número no que se falaba dos represaliados da república.
    Pregúntome de que sirven os escritos que se limitan a relatar uns feitos que merecen unha total reprobación e non van acompañados de accións como a que aquí se comenta. ¿Por que non se lle esixe ao concello unha declaración en favor das víctimas antifascistas?

  2. manuel di:

    Non podemos mesturara-la tarefa dos historiadores coa das institucións públicas. Os escritos serven para coñece-la verdade, ou en todo caso, unha parte da mesma. Pero a min tamén gustaríame sumarme á proposta dunha homenaxe ós represaliados en Pontedeume. Xa que desde o Concello non hai ningún acto previsto (cousa que non debe extrañarnos) anímovos para que cidadáns, asociacións e colectivos de todo tipo intentemos organizar un acto en conmemoración das víctimas do franquismo.

  3. Sarampelo di:

    Moi interesante esta nova, é moi importante recuperar a memoria dos que sempre foron esquecidos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s