A CAZA DO RAPOSO

caza-plomo-2.jpgSegundo unha nova que publica La Voz de Galicia, na comarca do Eume celebrarase o día 20 deste mes un campionato provincial de caza do raposo ao que acudirán 700 cazadores. Ao remate da cacería, os participantes xantarán nun coñecido restaurante da zona.

Non confundir ao raposo co personaxe xusticieiro da literatura e dos cómics que liamos de pequenos. Se algún paralelismo se quere establecer deberíase pensar máis nun negro personaxe obsesionado con outro tipo de xustiza, a que provén dun ente superior.

Non é casual que sexa Pontedeume o lugar elexido para dar caza ao raposo. A nosa localidade non é allea a esta especie que tanto se prodiga nos últimos anos. Quen máis e quen menos tivo algún encontro (ou encontronazo) con este mamífero. Pero nunca ninguén se propuxo organizar unha batida para lle dar caza. Que sexan 700 os aspirantes a facerse coa codiciada peza pode levar a algúns a retrotraerse no tempo e rememorar épocas pasadas de persecucións implacabeis, dende o imperio romano ata a nosa guerra cívil. Persecucións que non lograron erradicar do noso territorio esta arcaica especie.

O raposo este ten unha facilidade envidiábel para adaptarse ao seu hábitat. Cando por motivos sociais ou ambientais debe mudar de parroquias, axiña escruta o territorio e delimita unha zona de influencia á que os seus inimigos teñen o acceso restrinxido, gozando de grande influencias entre a fauna do lugar. O seu comportamento segue un ritual que, non por repetido, é menos efectivo. Unha vez localizada a presa esta é aillada do seu entorno, introducida no templo, e sacrificada en aras da perpetuación da estirpe.

Entre as súas dotes para manexarse comodamente entre os seus conxéneres fai gala de diversos atributos.

Destaca a súa cola de 35 cm de longo. Ademais é moi peculiar porque posúe unha glándula que segrega un líquido de olor forte y desagradábel.

En xeral permanece solitario pero pode vivir con dúas ou tres femias.

A cópula do raposo soe durar uns 30 minutos.

Na cultura tradicional considérase ao raposo un animal moi astuto. Cualidade esta fundamental para a pervivencia do exemplar.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to A CAZA DO RAPOSO

  1. gonzalo di:

    URXENTE….. URXENTE….. URXENTE…… URXENTE……
    O próximo venres día 19 haberá no Carballiño unha reunión para estudar as medidas a tomar para impedir a celebración da “Copa de España de caza do raposo” que a Federación Galega de Caza e Concello do Carballiño teñen programada para o Domingo de Antroido.Será ás 8.30 na Bodeguiña(Barrio de Flores).Confirmar asistencia ao 687958161.
    URXENTE….. URXENTE….. URXENTE….. URXENTE
    Campionato de España de caza do raposo: até cando esta barbarie?
    O Carballiño, 13 de xaneiro de 2007. Malia a termos sofrido a vaga de lumes máis devastadora da historia, concellos como O Carballiño coa connivencia da Consellería de Medio Ambiente, apoian e consinten que se celebren acontecementos tan desafortunados como a “IV Copa de España de Caza do Raposo”. ADEGA lamenta a pouca sensibilidade ambiental dos responsábeis deste concello e do propio conselleiro de Medio Ambiente (ex-alcalde do Carballiño) que coa sua actitude contribuen a empeorar o estado da maltreita fauna autóctona. É así como se xestiona a nosa biodiversidade?
    ——————————————————————————–
    Precisamente o día que se presenta unha nova asociación ecoloxista no Carballiño, a vila acolle a denominada “Festa da Caza” que inclúe a “IV Copa de España de Caza do Raposo”. Este lamentábel acontecemento ten lugar nun concello dos poucos que dispoñen dunha concellería de medio ambiente e do que o seu ex-alcalde é ademáis o actual Conselleiro do ramo. Non deixa pois de resultar sorprendente e contradictorio que sexa o propio concello, o que se involucre na organización deste “evento”.
    Cais son os informes científicos que manexan o concello do Carballiño e a CMA para promover a caza do raposo na comarca? Quén e onde se aprobou a celebración de tan nefasto evento? É este o “Carballiño Natural” que reza a propaganda turística coa que se trata de atraer visitantes á comarca?. Señores Montes (Alcalde) e Vázquez (Conselleiro), recomendámoslles a leitura do artigo 34-3 da Lei Galega da Caza (4/97) onde se di que queda proibido cazar (facer batidas) en situacións extraordinarias polas que os animais se vexan obrigados a buscar novos refuxios. Estas situacións poden ser tempos de seca, incendios, envelenamentos, obras especiais que fraccionan os habitats (autoestradas, AVE…).
    De todo iso houbo nesta comarca e en todo o país (lembremos senón a vaga de lumes deste verán) sen que Medio Ambiente dictase ningunha medida proteccionista de emerxencia. Non existe pois xustificación de ningún tipo para que dende o concello e a Consellería se promovan e apoien eventos coma este.
    ADEGA pide o aos responsábeis institucionais do concello do Carballiño e da Consellería de Medio Ambiente retiren o seu apoio e prohíban, dadas as circunstancias expepcionais que vimos de sofrer, estes masacres inxustificados, que ademáis poñen en perigo a conservación da nosa castigada fauna autóctona.
    ADEGA- O Carballiño
    http://www.adega.info
    PODES PROTESTAR EN:
    ALCALDIA DE CARBALLIÑO
    alcaldia@carballino.org. Teléfono : 988 53 00 07.
    Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
    Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
    PROMUEVE E DIFUNDE. GRACIAS.
    prensa ADEGA-ou gonza_bla@hotmail.com
    ESPERPENTICA CACERIA DE RAPOSOS “ao metodo o ingles” NO CARBALLIÑO
    OURENSE , noticia de Edición Impresa LA VOZ DE GALICIA
    ——————————————————————————–
    • ——————————————————————————–
    Adega rechaza la celebración de la Copa de España de caza del zorro y solicita su prohibición
    Enviar noticia Imprimir noticia
    ——————————————————————————–
    • Texto de la noticia: Saltar a destacados
    ——————————————————————————–
    (Lugar: la voz| o carballiño)
    ?a asociación ecologista Adega rechaza públicamente la celebración de la cuarta edición de la Copa de España en la caza del zorro, que se celebrará el 18 de febrero en O Carballiño y que reunirá en la villa a cerca de 1.500 personas.
    Las críticas del colectivo se centran además en el apoyo institucional del Concello carballiñés, totalmente involucrado en la organización del evento. Adega considera contradictoria esta actitud, sobre todo, cuando desde la directiva se recuerda: «É un dos poucos concellos que dispón dunha concellería de Medio Ambiente e un ex-alcalde do Carballiño é o actual conselleiro de Medio Ambiente».
    Desde la asociación insisten en mostrar su sorpresa por el respaldo municipal a la Copa de España de caza del zorro con la prestación de apoyo logístico y se preguntan por ello los miembros de Adega «¿en qué informe científico se basa o alcalde do Carballiño, señor Montes, para promover a caza do raposo na comarca? ¿En que organismo do Concello se aprobou o patrocinio de tan nefasto evento? ¿Non ten outra cousa que facer o señor concelleiro de Medio Ambiente?».
    Desde Adega recomiendan a los dos dirigentes municipales que se lean el artículo 34-3 de la Lei Galega da Caza (4/97), en el que se establece que queda prohibido cazar, hacer batidas, en aquellas situaciones de carácter extraordinario por las que los animales se vean obligados a buscar nuevos refugios para sobrevivir. La legislación especifica también que estas situaciones pueden ser por épocas de sequía, incendios, envenenamientos o las obras que interfieren en sus hábitats, como la autopista o el AVE.
    Dado que la comarca se ha visto afectada por estas situaciones en los últimos meses «sin que Medio Ambiente dictase ningunha medida proteccionista de emerxencia», puntualiza Adega, que no encuentra justificación de ningún tipo para que desde el Concello se promueva y apoye la caza del zorro y pide que el alcalde rectifique retirando, desde su ámbito las ayudas y prohibiendo esta celebración. Lamenta que no se sepa atraer visitantes de otra manera que matando «os poucos zorros que quedan libres no monte».
    FARO DE VIGO —– SABADO 13 DE XANEIRO DE 2007—— PAXINA 14
    TITULAR: ADEGA CRITICA AL CONCELLO POR APOYAR LA CAZA DEL ZORRO
    SUBTITULAR: LA ASOCIACION ECOLOGISTA PIDE A O CARBALLIÑO QUE RETIRE SU RESPALDO Y PROHÍBA LA CELEBRACIÓN. TAMBIEN PREVÉ MOVILIZACIONES.
    La Asociación ADEGA de O Carballiño se pronuncia en contra de las batidas de zorros y señalan que “el Medio Ambiente en la localidad esta de luto” precisamente en un día en que se acaba de presentar una nueva agrupación ecológica en la villa y que se van a sumar a otras dos ya existentes. ADEGA deununcia qie este concello se involucre en la organización de la cuarta edición de la “Copa de España de Caza del zorro”, con la prestación de apoyo logistico y demás.
    ADEGA le parece contradictorio que siendo O Carballiño uno de los pocos concellos que dispone de una concejalía de Medio Ambiente y un ex alcalde que es el actual Conselleiro de este departamento autonómico apoye esta actividad. Pero además, se pregunta ” en que informe cientifico se basa el alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, para promover la caza del zorro en la comarca, así como en qué organismo del concello se aprobó el patrocinio de tan nefasto evento.
    ADEGA invita a leer el artículo 34-3 de la lei galega de caza (4/97) y veran que queda prohibido cazar (hacer batidas) en situación extraordianria por la que los animales se vean obligados a buscar refugio, destacando que tales situaciones son de sequía e incendios, cosa que hemos tenido este verano por desgracia.
    ADEGA asegura que esta actividad que no es para nada ecológica ni de respeto a la naturaleza, y deseamos hacer movilizaciones a grupaciones de toda Galicia por considerar que se mata por diversion y sin darle ninguna utilidad.
    La asociacion ecologista Outeiro apoya a ADEGA y muestra su rechazo.
    PERIODICO LA REGION DE OURENSE
    SABADO 13 DE ENERO DE 2007 PAGINA 19
    TITULAR:
    MEDIO AMBIENTE RESPALDA EL CAMPEONATO DE CAZA DEL ZORRO
    El apoyo del Concello de Carballiño a la celebración del torneo nacional de caza del zorro ha levantado críticas desde la asociación ecologista ADEGA que solicita su supensión al alcalde y Medio Ambiente.

  2. Carlos Soaxe Piñeiro di:

    Matar por matar é algo máis que asasinar.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s