REPRESIÓN EN PONTEDEUME

reprresion-pontedeume.jpgAlgo se coñece da represión padecida en Pontedeume polos defensores da República, mesmo os nomes dos asasinos. Pero esta información permanece moitas veces nos arquivos dun despacho de calquer institución, lonxe do alcance dos que necesitamos saber o noso pasado. Desta barbarie non se librou ninguén que fose acusado de colaboración co sistema legalmente instituido. As mulleres non foron unha excepción. Se algunhas delas foron asasinadas, outras máis víronse torturadas ou denigradas polos represores fascistas.

Nunha grabación feita pola Universidade de Santiago, recóllese o testemuño dun eumés, barbeiro e músico, que foi obrigado a rapar ao cero o cabelo de moitas mulleres, entre elas a súa propia irmá.

Pasaron moitos anos e algúns empeñáronse en que estas historias fosen silenciadas. Hai que sacar do olvido a memoria daqueles e daquelas que sufriron o máis grande calvario que ser humano poida padecer.


 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

15 Responses to REPRESIÓN EN PONTEDEUME

  1. manuel di:

    Biografía dun represor
    Nicolás Pardo Armas, alcumado O Pasiego, foi un dos principias responsables da represión en Pontedeume no verán de 1936. A personalidade deste individuo e os feitos que protagonizou na vila entre 1931 e 1937 merezen figurar nunha antología do terror franquista. Nacido en La Habana en 1907 ou 1908, onde foi despedido por desfalco da fábrica de cervexas onde traballaba, ingresou na Armada, da que foi pronto expulsado, outra vez por desfalco. Instalado en Pontedeume, durante os anos da República serviu como matón a soldo da dereita, actividade que exerceu con dilixencia; nunca ocasión participou nun sonado tiroteo con membros da policía municipal, un deles, Felipe Tejedor, sería paseado no 36. En vésperas do alzamento militar estaba ó fronte da Falanxe local, que se distinguiu especialmente na persecución dos “rojos” da comarca. En agosto requisoulle un automóbil a un médico de A Capela para ir de putas pola Coruña. En decembro asaltou unha casa no Barro coa excusa dun rexistro. Nestas tarefas era secundado por un turbio individuo, Francisco Fernández, alias Cacholo, alias Matón, un dos executores dos Sardiña en agosto do 36, e do carpinteiro de Ombre, Antonio Manso, en xaneiro do 37. Tamén a unhas cantas mulleres lles fixo corta-lo pelo e inxerir aceite de ricino. A causa do roubo O Pasiego foi condenado e pasou un tempo na cadea. A principios de 1937 ingresa na Lexión e alí serviu ás ordes do xeneral Yagüe, o carniceiro de Badajoz. Os bos servizos prestados lle foron recompensados polo xeneral co grao de alférez. E no verán do 37 atopámolo de novo en Pontedeume. As acusacións da propia dereita contra él acumúlanse e a gravidade das mesmas obrigan a reabri-la causa contra él. No proceso que se segue as testemuñas (xentes de orde, membros da garda civil, falanxistas) incrimínao nun sinfín de feitorías; chámanlle putero, xogador, borracho, estafador. As sospeitas de que saqueara as tumbas de represaliados son confirmadas polas declaracións dun garda civil: “Que cuando la muerte de la maestra nacional de Miño (a mestra socialista María Vázquez), destacada extremista, al ir a enterrarla, el Nicolás Pardo quiso quedarse con el portamonedas (…) impidiéndoselo el que depone (…), que obligaron fuera todo a la fosa, no sabiendo si después este individuo desenterraría el cadáver, porque lo cree capaz de ello. Que eso mismo quiso hacerlo cuando murió el asesor del Frente Popular (Manuel Prado, de A Coruña, asesinado en A Capela cos irmáns Sardiña)”. Pero as autoridades xudiciais consideraron moito máis grave a falsificación que levou a cabo o susodito do título de bacharel -o cal lle permitiu acada-lo grao de oficial-, que foi o motivo polo que se lle acusa de traizón e se lle condena a cadea perpetua . Pero a pena lle foi conmutada a tres anos. E en 1939 foi indultado pola Súa Excelencia o Xeneralísimo, que finalmente lle premiou os seus útiles anque desagradables servizos coa anulación de antecedentes, quedando limpo en 1962.
    (extraído da Revista Cátedra, do artículo Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada)

  2. Pepe di:

    José Allegue del Río, na lista de abaixo, foi médico municipal, radical socialista, pero non foi paseado, xa que morreu en 1960.

  3. viriata di:

    El tal Pardo fue denunciado y testificó contra él una pontedeumesa que fue la que organizadora de una asociación que fue de las más destacadas de la guerra. Se llamaba Emerenciana Rodriguez. En su casa de la calle Real había talleres de costura donde cosían vendas y uniformes para la causa , también organizó las llamadas madrinas de guerra, donde todos los soldados eumeses del frente recibían noticias de su pueblo y familiares.Por supuesto aunque ahora no interese servían a la causa nacional, Pontedeume fue la comarca que aportó más voluntarios al frente rebelde.Es curioso que a esta \\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\”sediciosa\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\” no se le cayesen los anillos en testificar contra un supuesto correligionario.

  4. viriata di:

    Por cierto de la llamada represión de Pontedeume no se habla de la represión de la República contra los católicos , que eran mayoría aplastante en la villa.
    No sólo del encarcelamiento de D.recaredo Fidalgo, sino de los que huyeron al monte con las primeras leyes totalitarias ,para salvar su vida… cuando los comunistas habllaban del reparto de los bienes del pueblo y los cabecillas se pelearon por ocupar la casa de los Prego pero claro, eso no interesa,,hay que magnificar la represión para ocultar el hecho de que Galicia no mostró ninguna oposición al alzamiento rebelde , la guerra duró días, y eso no vende.

  5. manuel di:

    Biografía dun mestre “represaliado”
    É certo que está sen contar a heroica vida daqueles que, nos anos da República e da guerra, víronse obrigados a sinalar, a calar, a delatar, e nos deixaron como legado aqueles corenta sombríos anos. Desculpade pola burla que supón describir os avatares de mestres coma este, cando tantos miles caeron asasinados ou foron represaliados.
    O mestre nacional Recaredo Hidalgo non gardaba ningún parecido con aquel que retrata Manuel Rivas en “A lingua..”. Os novos aires de liberdade e laicidade da escola republicana non lle debían sentar ben a aquel home de carácter ultramontano, e non tardaron en producirse as friccións coas novas autoridades. A primeira, con motivo do crucifixo. Obrigado a retira-los símbolos religiosos da aula, o mestre recorreu a rúa Pescadería portando o crucifixo ata a igrexa en solemne procesión, acompañado dunha ordeada fila de nenos. Recibiulles con toda cerimonia o párroco á porta do templo. Más adiante, en maio de 1936 as autoridades lle impoñen unha multa de veinticinco pesetas por un colocar na escola un trapo descolorido en lugar da bandeira nacional republicana: “Teniendo en cuenta que lo hace únicamente con el afán de hacer escarnio de la Bandera de España y en días de festividad de la República”. Un dos testigos é o policía municipal Felipe Tejedor, un dos asesinados en Ombre, xunto co alcalde de Mugardos, en agosto do 36.
    En xullo do 36, coñecidos os preparativos do levantamento militar (un dos dirixentes falanxistas, Hedilla, pasou por Pontedeume o 18 de xullo nunha visita a Galicia co obxectivo de organizalo) foron detidos en moitas vilas significados dereitistas. En Pontedeume encarceráronos nos baixos do Concello e nos xulgados. Entre os detidos atopábase José Otero, o dono do Pazo de Piñeiro, o mestre Recaredo e a súa muller, mestra tamén. Pasaron o tempo rezando e entonando fervorosos himnos, como o Cara al sol. Nese estado de exaltación místico-patriótica unha das testemuñas describe a aparición da virxe de Chamorro, que lanza a súas anatemas sobre a ralea de rojos descreídos. Contaxiados polo ambiente beatífico, ata os gardas de asalto que os vixiaban sumáronse á celebración relixiosa. Non se sabe moi ben se a presencia duns veciños de Monfero, acompañados dun crego, que lograron introducir uns barriles de viño que ben poideron colaborar nesa esa atmósfera de enardecemento religioso.

  6. manuel di:

    Houbo dos mestres de Pontedeume asasinados con motivo do Glorioso Alzamento Nacional: Leonardo Martínez Novo e Xosé Ramón Fernández Barral. O primeiro, que foi sinalado como un dos dirixentes da resistencia fronte ós sublevados, sería executado o 10 de agosto nun lugar próximo ó Eume. Tiña 24 anos e traballaba na vila de Camariñas. Con él caeron Rodrigo Álvarez Pardo (“Rodriguito”), secretario do Concello de Ares e membro de Izquierda Republicana, xenro de Leonardo Díaz, boticario de Pontedeume e asesinado uns días despóis, e o tamén veciño de Pontedeume e alcalde de Ares, o socialista Xosé López Lourido (“Pallarés”). (“Fueron los Lasén y unos falangistas. Lo asesinaron en el Eume. Por regla general los mataban en la cantera que hay frente al río, donde se hacía la fiesta… Recuerdo una vez que estando con mi madre en la novena del Asilo, la fecha se me fue, pero me quedó grabado cuando entraron los Lasén pidiendo mantas para tapar los cadáveres que traían en una camioneta, de esta goteaba la sangre de aquellos pobres desgraciados”).
    O segundo, de 37 anos, estaba casado e tiña un fillo de sete anos. Era membro da ejecutiva da agrupación socialista de Pontedeume. Traballaba na escola de Vilar, preto do lugar da Torre, onde residía. O seu delito: ser mestre e socialista. Foi executado na igrexa de Caamouco o 19 de agosto, xunto a él Leonardo Díaz, Pablo Rico Cruceiro, Juan Pico González, Santiago Rodeiro Rodríguez, José María Varela Salido, Segundo Martín Martín e Ramiro Vázquez Salido. O mesmo día 19 era tamén cruelmente asesinada, probablemente en Bañobre, a mestra de Miño e membro tamén da ejecutiva da agrupación socialista, María Vázquez Suárez. (La Voz de Galicia, 20.08.36. Varios fusilamientos en Puentedeume, 19 .- Por tenencia ilícita de armas y uso de explosivos y otros efectos, fueron fusilados en Puentedeume, varios extremistas en esta villa y su término municipal, comprendidos en el artículo cuarto del bando de guerra. Los fusilados fueron los comunistas Leonardo Díaz Rosado, Pablo Rico Cruceiro, Juan Pico González, Santiago Rodeiro Rodríguez, José María Varela Salido, Segundo Martín Martín, Ramiro Vázquez Salido y Ramón Fernández Barral”)

  7. viriata di:

    D.Recaredo matizo, se apellidaba Fidalgo, y no Hidalgo ( sus apellidos gallegos se remontan al siglo XI).Al igual que falsear el apellido para castellanizarlo…lo de la Virgen de Chamorro es absolutamente falso..si usted lo cuenta para desacreditar el encarcelamiento, vale..pensé que este foro era serio aunque hubiera libertad de opinión.
    Todos los asesinados de los que hablamos por el bando franquista ( que ojalá no hubieran existido ) dejan en pañales los asesinados por el bando republicano en pueblos de las mismas características de las zonas que siguieron “fieles “a la República.
    Aunque pese, Pontedeume era una villa con un arraigadísimo sentimiento católico, de hecho, los mozos eumeses que fueron voluntarios al frente fueron destacados.Fue la villa coruñesa que aportó más número de voluntarios.
    La fundación de Emerenciana de la que se habla arriba..fue ejemplar y ayudó a todos los combatientes del pueblo.

  8. manuel di:

    Enchente de hostias
    Antes era el Cristo harina de otro costal,
    nos daban la eucaristía con hostias de corral.
    De aquellas sagradas formas íbamos siempre en pos
    porque eran trigo limpio, sabían como Dios.
    Ahora las envuelven en papel de celofán:
    hormonas, colorantes, ¡sabe Dios lo que tendrán!
    Varios amigos míos se han hecho del Palmar,
    donde las congelan al pie del altar.
    Javier Krahe
    De fervores, ardores e convicciones vai esta historia que protagonizou no seu día doña Pilar Franco, irmá daquel que co tempo acabaría coñecéndose como o Caudillo de España. Veraneaba doña Pilar cos seus fillos na praia de Cabanas aquel verano de 1936. Contán algúns que entre os obxectivos das tropas nacionais que o día 23 chegaron a Pontedeume desde Ferrol estaba salvar á señora da furia dos “rojos” (“Mi sorpresa fue enorme al enterarme del alzamiento. Además, todos los elementos rojos me tenían condenada a muerte, y yo tan feliz sin saber nada”). Non houbo apenas resistencia e deseguido os militares fixéronse co control da vila; retiraron a bandeira republicana da casa do Concello e procederon á detención dos “elementos perigosos” (“Cuando estaban tomando Puentedeume las tropas nacionales iba yo por la calle y oí gritos desde las ventanas: ¡Pilar, corre, corre, que te cogen! Miré atrás y vi que venía corriendo un grupo armado. Mis hijos y yo creíamos que eran los rojos. Corrimos a refugiarnos en la iglesia. Atrancamos todas las puertas. El sacerdote, mis hijos y yo consumimos todas las sagradas hostias para que no las profanaran. Escondí a mis hijos en los confesionarios y esperé. Al cabo de un rato se oyeron grandes golpes en la puerta. ¡Abran, es España! (…) Vi las fuerzas de artillería de las tropas nacionales en la plaza de la iglesia. Cuando salí, nos dimos un abrazo… Ya decía la canción popular: “El Ferrol es del Caudillo; Puentedeume de su hermana”) (do libro “Nosotros los Franco”)

  9. viriata di:

    Anécdota de Pilar Franco en su libro que no es ni más ni menos como otras tantas anećdotas que vivieron todos los que ante le crisis política por la sublevación del bando rebelde temieron por sus vidas.Es logico que la hermana de Franco tema por su vida al ser la hermana del cabecilla rebelde.Hay cosas que no entiendo en el mensaje anterior..¿hay algo extraño en el relato ? ¿se entrecomilla rojos como si fuese algo dicho por los fascistas..? Ellos mismos se denominaron multitud de veces el bando rojo. Y luego lo peor…¿ esa coplilla de Javier Krahe a qué viene? ..la compuso después de desaparecer la Mandrágor a..décadas después del fin de la guerra y que yo sepa no tiene vinculación alguna con la villa.
    Me hace mucha gracia la progresía que insulta y degrada la religión católica..pero luego no se atreve con la islámica…es de cobardes atacar a quien pone la otra mejilla …

  10. manuel di:

    As bacanais da caverna
    Á vista de comentarios como os que me preceden pode parecer actualísimo o texto que segue: “Como fieles tradicionalistas la clase burguesa que predomina en esta villa lleva a la práctica los ritos y costumbre que anteriormente impusieron sus antecesores. De carácter hipócrita, con su beatitud ridícula y un atrofiamiento rayano en la idiotez se muestran consumados concurrentes a las bacanales de la caverna. Parecen nacidos para portacirios que al olor de su paso someta a perpetuidad la incultura y miseria de los trabajadores. Diametralmente opuesta a ésta, fluye la clase trabajadora en su mayor parte compuesta de sencillos pescadores, que arrastran una vida de miserias y privaciones, trabajando rudamente unos meses para sostenimiento del largo y crudo invierno”. O artículo, publicado no periódico anarquista “Solidaridad Obrera” en setembro de 1932, remata cun chamamento á formación intelectual dos traballadores: “Estos sencillos y nobles pescadores de Puentedeume necesitan nutrir su cerebro, para que éste pueda encaminar debidamente la llama revolucionaria que fluye en sus pechos. ¿Cómo nutrirlo?, ¿cómo prepararlo? Con libros. Enviadles muchos libros”.
    Outras son as armas que daquela ía almacenando a dereita para unha loita que, en boca do bispo de Tui: “Es la lucha de las civilizaciones. Lucha una civilización, la cristiana y española, contra la barbarie comunista, con las energías del infierno”. Os historiadores teñen suliñado a profunda implicación da dereita católica no levantamento militar de xullo do 36 e na represión que garantiu o seu éxito. En Pontedeume a dereita estaba representada por asociacións como a Derecha Regional Gallega; destaca a ampla militancia femenina (Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, da que formaban parte damas como Aurora Casdelo, Concepción Leis, etc.., Acción Católica de la Mujer, sección femenina da Derecha Regional Gallega). Velaí un exemplo da súa contundente dialéctica: no multitudinario mitin celebrado durante as eleccións de febreiro de 1936 no Teatro García Novoa de Pontedeume o líder coruñés das Juventudes de Acción Popular, Jiménez del Llano, declamaba: “Frente a nosotros tenemos un amplio frente en que se han aliado en contubernio marxistas, masones… (expresión que fará as delicias do Generalísimo). En la próxima contienda electoral se ventilará la lucha entre España y la Anti-España, entre el ser y el no ser”. Tamén o estamento eclesiástico participou con entusiasmo no advenimento do no réxime. Os informes que sobtre a conducta moral e política emitían cregos como Antonio Sierto, párroco do Vilar, determinaron a vida e a morte de moitos eumeses. Un exemplo témolo na declaración do párroco de Ombre, Adolfo Camba, que en 1937 entregou ó carpinteiro Antonio Manso Fernández e ó seu primo, Francisco Fernández. O primeiro foi asesinado por falanxistas na igrexa de Ombre e o segundo condenado a reclusión perpetua: “Perteneció al FP (Francisco Fernández) desde el advenimiento de la República, figurando como elemento destacado en una sociedad agraria que existía en la parroquia, pero de matiz político socialista, con sus actividades políticas traía revuelto al vecindario aunque sin que se cometieran desmanes, por referencias sabe que durante el Movimiento anduvo reclutando gente armada para traerla al Ayuntamiento con el fin de oponerse al Movimiento Nacional”

  11. jfg di:

    Sobre el comentario 6, de Manuel. Sólo un par de datos adicionales: Jose Ramon Fernandez Barral era maestro de Pontedeume cuando fue asesinado el 19 de Agosto de 1936 sin juicio previo. Lo fué de Villar anteriormente, igual que su mujer, Josefina Lourido Cortizas, de Doroña. No sólo tenía un hijo de siete años (meu pai), si no tres, de siete, cinco y tres años. El día anterior fueron asesinados de la misma forma su unico cuñado y el hermano de este (ambos de Izquierda Republicana y el primero, Secretario del Ayuntamiento de Pontedeume).
    Tengo el orgullo de poseer su titulo oficial de la Escuela Normal de Maestros de Santiago, que con fecha de en Septiembre de 1916 le otorgaba la calificacion definitiva de Sobresaliente. Acababa de cumplir 17 años. He intentado obtener datos de su militancia oficial en el PSOE sin exito, aunque me consta que era seguidor de otro intelectual, Besteiro ( a quien -ironías- Franco no se atrevió a ejecutar, ‘sólo’ a dejar morir.)

  12. José Francisco Correa di:

    Esta páxina resúltame extraodinariamente interesante. De feito Interneto se está manifestando como o canle a través dos que imos coñecendo os canalla que baixo o parachoivas da relixión e da patria se levaron por diante a tantos homes e mulleres interesantes.
    En realidade o complexo de inferioridade, ou o oportinismo asasino sempre foron aliados do feixismo. Xa coñecía a calaña de Nicolás Pardo Armas. O que non coñecía eran os seus baixos instintos.
    Gostarme ter acceso o autor do comentario asinado como jfg do 29 de maio de 2007, xa que, con outro estudoso local, estou facendo un artigo sobre os mestres asasinados en Pontedeume
    Xosé Francisco
    O meu correo é: Jofaco200@ yahoo.es

  13. Tomas Moro di:

    Viriata Fidalgo: yo también fui de los muy católicos, a los que nos llevaba un amigo de tu abuelo y abuela, don Alvaro, en procesión por el pueblo el 20 de noviembre “voluntariamente” a cantar y homenajear a los caidos de su bando. Igual que años antes subian los niños y niñas con el crucifijo, “también de forma espontánea”.Ten un poco de caridad cristiana, y no te olvides que los que no pudieron hablar más, son los maestros republicanos eumeses paseados o represaliados y separados de la docencia.

  14. manuel di:

    caridade cristiá?, en tempos oscuros para a Igrexa, baixo a éxida dun inquisidor (o cardeal Ratzinger antes do seu pontificado dirixiu a Congregación para a Fe, que perseguiu entre outros ao moi católico Lenonardo Boff)semella unha burla das máis negras.

  15. manuel di:

    caridade cristiá?, en tempos oscuros para a Igrexa, baixo a éxida dun inquisidor (o cardeal Ratzinger antes do seu pontificado dirixiu a Congregación para a Fe, que perseguiu entre outros ao moi católico Lenonardo Boff)semella unha burla das máis negras.

Deixa unha resposta a viriata Cancelar a resposta