Onte celebrouse unha charla en Pontedeume sobre os problemas do urbanismo. Non se pode negar que existen en Pontedeume, se non non sería posíbel a que se leva armado nos últimos meses coas denuncias de Fusquenlla. Volvendo á charla, a sala da Casa da Cultura estaba a rebosar, había xente de pé e o debate se prolongou por espazo de case tres horas. O interese era evidente, mais a grande maioría dos presentes eran foráneos; poucos eumeses.
Non se comprende moi ben este fenómeno se non é polo que xa diximos aquí hai uns meses e levantou ampollas nunha lectora. Daquela escribimos que os eumeses “adoptan posturas cerrís ante calquera elemento foráneo”. Din que moitos dos organizadores do acto non teñen pedigrí eumés, que non coñecen a realidade de Pontedeume, que os mamotretos que eles ven non son máis que muiños de vento. Nós cremos que a destacados vilanchos con pedigrí lles ocorre o que a certos gordos que non son capaces de ver as plantas dos pés (por non mencionar outros atributos). Obesos de soberbia non distinguen a merda que carcome a súa vila, a nosa vila. Algún día chegaranos á boca. Mentres tanto ractificámonos nesta apreciación sobre a idiosincrasia dos nosos veciños ata que apareza unha razón máis convincente.
Non só é extrano que onte a maioria da xente fose de fora da vila, senon que os que estan a sacar o maior proveito de toda esta desfeita urbanistica son a maioria de fora da vila. Un despois de moitos meses tentando aclarar as cousas chega á triste conclusión que a maioria da xente de Pontedeume padece dunha mezcla entre enorme capa de ignorancia é preitesia, que non fan mais que confirmar que nesta vila os tempos medievais ainda non pasaron. Esto vese moi claro na casi inexistente actividade cultural e contestaria nesta vila. Mexan por enriba de nos e non facemos mais que decir que non para de chover.
Por que non somos máis positivos e aceptamos que nunca houbo unha charla en Pontedeume tan numerosa?