A DINÁMICA A EXAME

2007-02-07_img_2007-01-31_012008__82-digital_loc-31012007.JPGOs pais dos alumnos do Couceiro Freixomil están preocupados e non lles faltan razóns. Dende que se demoleu o vello colexio as obras de construción do novo edificio non saen adiante. Como se sabe, a obra foi paralizada polo goberno local ao non dispor do preceptivo permiso de obras que Demarcación de Costas debería ter aprobado. O certo é que non se sabe se dito permiso xa foi concedido ou se denega por calquera razón que se nos escapa aos veciños. Algo ao que xa estamos afeitos dende hai moito tempo.

Porén o concelleiro Manuel Rei insiste en que as obras xa comezaron, algo que ninguén é capaz de ver por moito que se dea unha volta polas inmediacións do colexio. As probas que aporta este insigne concelleiro, que gustosamente trocaría o c polo s, son do máis científicas. En declaracións ao xornal La Opinión manifesta que el mesmo observou como operarios da empresa movían a guindastre, do cal se deduce que se hai movimento, hai obra.

Alegrémonos que  se apliquen con rigor os principios inequívocos da ciencia para entender a desconcertante situación do concello de Pontedeume. Que unha grúa se mova amais de ser motivo de ledicia, libéranos desa angustia propia de quen adiviña que os seus fillos van botar un ano máis en situación precaria. Propoñemos dende aquí que para calmar os ánimos deses pais preocupados teñan a ben xirar un pequeno ángulo a guindastre para que toda a veciñanza poda contemplar dende as súas casas que as obras marchan co ritmo adecuado.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to A DINÁMICA A EXAME

  1. O outro di:

    Unha vez mais podemos comprobar como o goberno local non fai mais que mentir, supoño que esto empeza a ser un problema patolóxico digno de estudo. Si e doado constatar que a obra leva parada mais de catro meses polo evidente de que non se fixo nada neste tempo, o que tamen é doado entender a imposibilidade de ter rematadas as obras para setembro, por mais que o noso insigne edil de mala educación insista, xa que metir é de maleducados señor edil. A demostración esta en que unha obra prevista para 12 meses, é totalmente imposible facela en 8, e menos coa actitude que se ve pola mesma. Pero claro estamos en eleccións e quen non fixo mais que agochar en metir todos estos anos tampouco vai ter reparo en seguir facendó. Un finalmente remata por pensar que en vez dun concello temos un taller de construcción de Pinochos.

  2. andrés di:

    Como presidente do A.N.P.A. do colexio “Couceiro” estou dacordo con este comentario ,ainda que tería que facer unha puntualización con respecto a o tempo que se tardaría en rematar as obras do novo colexio.
    Según os técnicos da Xunta dixeron cando estiveron aquí nos dias seguintes as inundacions, en no se que cidade de Galicia fixeron un instituo o unha escola en cinco meses, non sei si e certo ou non pero si co dixeron que estaba eu diante. Outro dia falando con un dos encargados da obra me confirmou que “saindo todo ben, a parte de abixo, estaría rematada no mes de setembro”.E evidente que por la forma en co dixo a cousa nin eles a ven clara,pero sendo muy ,muy, optimista,ou credulo como a min,esperamos que se cumpran os mellores designios.
    Pero o mais grave de todo esto e que ao contratista non se lle pode decir nada xa que sempre tera a desculpa dos papaeis que non estiveron nas datas previstas, e entón voltaríamos a ,o que esta ANPA defineu na prensa como desidia, estupidez e falta de profesionalidad, de dous partidos,do que por desgracia fun votante dun deles,e sobre todo que penso eu que nos saerá mais caro si queren que esté a tempo.E o mausoleo de Fraga sigue adiante costandonos a os galegos centos de millons de euros, que ven estarían en pagarlle de mais a o contratista pra rematar o colexio, amañar camiños, subencionar comedores de colexios e universidades,facer gratis os transportes pra estudiantes, etc.,etc.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s