CUESTIÓN DE DIGNIDADE

badiavilato_.jpgSon moitos os comentarios aportados a esta bitácora dando datos concretos sobre a represión en Pontedeume a raíz da sublevación militar do 36. Hai un interese evidente en recuperar a memoria daqueles que deron a súa vida, o mellor que tiñan, en defensa dun sistema democrático chamado República; un sistema que estaba chamado a incorporar a este país á colectividade europea.

Que sexan tantas as aportacións que se fagan sobre este periodo da historia non é baladí. Non se debe a unha moda nin ao oportunismo. É un sentimento sincero que tenta devolver ás vítimas ao seu lugar na historia. Unha cuestión de dignidade por parte daqueles que nos sentimos obrigados cos que foron vilmente asasinados polos golpistas.

Foron varios os concellos que tiveron a honra de ofrecer homenaxes a aqueles que aínda son lembrados por todos nós e, sobre todo, polos seus familiares máis queridos. Faise ineludíbel que Pontedeume se sume a esa lista de concellos. Sen odio, pero sen medo. Pasaron máis de trinta anos da morte do ditador e parece que aínda estea vivo entre nós. Unha sociedade con estes temores non pode ser libre nin restituir a memoria dos nosos antepasados.

O PSOE, como partido que está a gobernar en Pontedeume, ten o deber de devolver ao presente aos que durante tanto tempo estiveron fóra das páxinas da historia oficial; os que fixeron posíbel unha concepción da sociedade que hoxe reclamamos como única válida. E non só por ser o partido que goberna, senón por que moitos dos fusilados foron militantes socilalistas. Por moito que mudasen os tempos, hai certas ideas que non perecen. Os ideais socialistas actuais teñen unha semente naqueles que padeceron a persecución, a morte e a ignominia.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to CUESTIÓN DE DIGNIDADE

  1. David di:

    dame a impresión de que na Praza e Calle Real, o eixe comercial e soportalado do pobo, sempre se xogou o poder municipal, os principais negocios e as estructuras clientelares de toda a vila. ¿Quen tiña a farmacia, os ultramarinos, o cine, etc. etc.? ¿qué rivalidades existían?, ¿quen vivía porta con porta ó lado do concello? Sí, posiblemente algúns destes fuxiron ó monte, cando a sublevación de África, ¿e qué medidas adoptou o goberno do Frente Popular? posiblemente as que dí viriata. Pois non me extraña que unha vez entradas as tropas desfogaran toda a tensión cunha borracheira no casino.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s