UNHA DESPEDIDA

11712888113772146_2.jpgA ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación acaba de estar nas Fragas do Eume acompañada de diversos políticos. Entre eles, Xaime Bello (BNG) e Ángel L. Sueiro (PSOE), alcalde de A Capela.

Quen non estaba era o alcalde de Pontedeume, Belarmino Freire. Este, xunto cos membros do goberno local, amosáronse doidos coa falta de consideración de quen non quixieron convidar ao noso excelso alcalde. Comprendemos o malestar dos nosos rexedores; todos sufrimos algunha vez ese “ninguneo” que os poderosos nos aplican para lembrar que existen distintas categorías de cidadáns. Non pretendemos discutir esta arrogancia tan necesaria para detentar o poder con certa distancia. Pode ser xusta e así debemos entendelo os que non coñecemos os vericuetos tan intricados da arte do goberno. Mais o alcalde é o alcalde. E se é de Pontedeume, o desplante é maior. Como dixeron os representantes dos grupos políticos, en Pontedeume está a entrada principal das Fragas do Eume, do que nós deducimos que é unha grande irresponsabilidade non contar coa presenza do Sr. Freire dado que este moi ben podería impedir o acceso ao parque.

De fontes oficiosas díxose que a razón de excluir ao actual alcalde de Pontedeume estaba na defenestración ao que os altos cargos do partido socialista o someteran pola mala xestión urbanística que practicou ao longo do seu mandato. Unha xestión que entenden pode abrir as portas do concello aos partidos da oposición.

Algúns gobernantes deixaron o poder cheos de consideración dos seus gobernados. Habelos, hailos. Aínda que non proliferen. Outros tiveron que facelo avergoñados e houbo mesmo quen perdeu a vida a mans dos súbditos que non atoparon mellor forma de resarcirse das penalidades sufridas. Pero esa foi outra época moi alonxada da actual. Hoxe calquer alcalde que se precie, se non busca unha prebenda material, quere retirarse coa estima e o recoñecemento dos veciños. Non é o caso do Sr. Freire que xa comeza a paladear o sensabor do desprezo por parte do seu propio partido. Non demostrou moita intelixencia ao darlle as costas ao electorado e aos compañeiros socialistas, apostando, nun farol errado, polas malas compañías, os empresarios, promotores, caciques e demais ralea. Xente con cartos pero denostada.

Diso se trata, da contraposición de dúas formas de entender a vida e a política: a apariencia ou os resultados, o protocolo ou o labor social, a arrogancia ou a humildade. Parece que o alcalde optou polo doado, descoñecendo que os compañeiros de viaxe que escolleu son dados a prescindir sen contemplacións dos que xa non lles resultan útiles. Sempre lle queda, emulando ao Sr. Aznar, a posibilidade de espallar a súa incomprensión en charlas sufragadas por calquer empresario da construción ou da impresión. Non se necesitan grandes coñecementos para divertir ao público; se non que llo pregunten ao presidente antes citado.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to UNHA DESPEDIDA

  1. O Outro di:

    Realmente seria unha falta moi grande invitar a Belarmino á rehabilitación de Caaveiro, loxicamente non vai con él este tipo de actuacións. Quizás mais axeitado seria unha invitación á demolición do mosteiro, e a poñer a primeira pedra dun novo conxunto monumental de construccións tipo Caldagueiros, Correos e Chalets de luxo, emplazados no mais fondo das fragas do Eume. Entón estaría na seu ecosistema natural.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s