MÁIS PROBLEMAS NO COUCEIRO FREIXOMIL

pupitre.jpgA Voz de Galicia publica que Demarcación de Costas en Galicia obrigou á Consellería de Educación a construír algo máis lonxe do mar o colexio Couceiro Freijomil de Pontedeume, que se atopa en obras, porque o edificio invadía zona de dominio público, informou o edil de Educación, Manuel Rei.

Esta exixencia de Costas non é nova e sen embargo non foi dada a coñecer ata hoxe. Ademais a imposición deste organismo obriga a retrasar máis os traballos do novo Couceiro Freixomil.

A falta dunha política transparente por parte dos nosos concelleiros parece ser unha enfermidade crónica en Pontedeume. En lugar de afrontar con decisión os traspés burocráticos, agochan a cabeza baixo a poltrona do Concello á espera de tempos mellores.

Podemos ter a seguridade que os nosos fillos van cursar os seus estudos nunhas condicións precarias durante moito tempo, algo máis do anunciado dende o principio, setembro do 2007.

Resaltamos aquí as palabras dunha educadora, que lonxe de exixir unha pronta solución ao problema, tenta calmar os ánimos dos pais e nais dicindo que as obras estarán rematadas no prazo previsto. Supoñemos que está “formándose” como a nova concelleira de ensino para as próximas eleccións.

Pero á marxe destas miserias personais, o grave, e que nos preocupa, é o abandono persistente do ensino público, un ensino que perde matrícula cada vez máis a favor do privado. Fartos os pais de ter que soportar tanta incompetencia das autoridades, optan por matricular aos seus filos onde, polo menos, se lles garante a continuidade no pupitre. Se o ano pasado había 34 alumnos de tres anos no Couceiro Freixomil, este curso só quedan 13. A quen haberá que pedir responsabilidades?

Algúns empresarios do ensino están que se frotan as mans.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s