ASTANO

paco_rodriguez.jpgAstano foi, no seu tempo, unha fonte importante de recursos para ferrolterra, Pontedeume incluido. A reconversión botou ao traste as espectativas dun futuro estábel e trouxo consigo unha grande involución económica na comarca. Os efectos sociais do paro e da precariedade laboral nunca foron tan acusados como entón.

Naquel intre as posicións dos sindicatos e partidos políticos estaban claras en canto á defensa da empresa dentro do sector público, o único capaz de asegurar unhas condicións dignas de traballo á marxe dos vaivéns da oferta e demanda.

Hoxe, despois de moito tempo de desgaste e escepticismo, as cousas non son tan claras  para as forzas políticas; non así para os sindicatos que siguen a defender a empresa pública. O paradoxal da situación dao o BNG que a través do seu representante no congreso, Paco Rodríguez (UPG), se inclina pola privatización da empresa como forma de garantir unha carga de traballo para os seus traballadores.

Os que sempre crimos que o marxismo, doctrina da que se reclama a UPG, negaba non só a privatización senón a mesma existencia do sector privado nunha hipotética sociedade socialista, non damos creto ás palabras que este marxista reconvertido dirixíu no Congreso ao vicepresidente Pedro Solbes:

“O Estado Español, Galiza en particular, ten o dereito de privatizar, de ir ao libre mercado, de posibilitar a iniciativa privada.” (Paco Rodríguez, dixit)

Xa uns días antes arremetera  contra os sindicatos, en particular contra a CIG, por defender o carácter público dos asteleiros.

Parecidas alegacións fixo nun artigo xornalístico, o insigne Ramón Yáñez, tamén reconvertido traballador de Astano e hoxe profesor universitario, se ben a postura deste eumés non ten nada de equívoca en tanto nunca militou nun partido marxista. A chamada Esquerda Galega non pasou de ser un proxecto nacionalista moderado sen ningún asomo de incidencia na vida pública, nin privada, de Galiza.

A este paso a reconversión vai facer estragos na clase política afín ao nacionalismo. Os derroteiros que sigan son inescrutabeis e debémonos preparar para o peor. Aínda que en Pontedeume xa estamos curados de espanto

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s