AGRAS, O SUPERVIVENTE

padrino.jpgAlgunhas especies adáptanse ao medio hostil para sobrevivir, outras perecen despois dun van intento para eludir o destino. Os humanos, máis experimentados nas técnicas de supervivencia e tamén de aniquilación, dispoñen de mellores condicións para lograr mutarse nun medio que lles resulta ameazador. Polo xeral, son os máis sensibeis os que peor se enfrontan aos golpes da vida e acaban sumidos nun estado de desesperación que lles impide sobrepoñerse; os faltos de sensibilidade son capaces de aturar friamente ata as desaparicións dos seus seres queridos e mesmo convivir cos rtesponsabeis das súas desgrazas.

Agras é un personaxe eumés sobre o que sería preciso estudar as súas vivencias dende un punto de vista sociolóxico. Foi capaz de adaptarse ao franquismo, defendendo a súa ideoloxía, e de sobrevivir na democracia, imbuído de certo progresismo contaxiado do partido que o aupou ao poder, o PSOE. Non é o único galego que se distinguíu por estas camaleónicas transformacións; Fraga é quizais o paradigma desta especie. Algo ten esta terra tan prolífica na crianza do rodaballo.

Pero se para algúns é motivo de estudo, para outros é unha pesada carga que nos fai pensar se o galego, ou o pontedeumés neste caso, é tan apático, tan conformista, tan conservador e tan incapaz de redirixir o rumbo da súa historia. Un misterio insondábel que nos permite sobrepoñernos aos avatares da vida e mirar para outro lado, esa pode ser a causa da nosa aceptación de individuos como Agras. Mesmo unha admiración por quen mellor reflicte a nosa pobre condición de galego condescendente.

Agras será, posiblemente, un representante municipal sobre o que pesará a capacidade de decidir as políticas que a todos nos afectarán. El decidirá, co seu pensamento caciquil e retrógrado, a liña a seguir. E será así aínda que goberne a esquerda. Outro misterio, o dos socilaistas e nacionalistas, capaces de pactar co diaño por conseguir figurar como goberno, como se este fose un mero título desprovisto de cualidades para gobernar.

Cremos que Agras debería ser retirado. Só así sería posíbel recuperar a confianza neste pobo, no Concello e na democracia.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s