MANUEL REI, O SUPERCONCELLEIRO

rei.JPGNunha entrevista que o diario La Opinión realiza a Manuel Rei, o candidato de BNG ás eleccións municipais en Pontedeume, amais de amosarse como un experto en infinidade de materias, di gozar co traballo realizado. Iso non podemos negalo, sería estúpido seguir adiante despois das moitas críticas que reciben os políticos, máis o Sr. Rei. Pero unha cousa é disfrutar e outra moi distinta é facelo ben. Cuestionamos que tantas áreas de actuación poidan ser atendidas por unha soa persoa sen incurrir en erros manifestos e escandalosos. A menos que se trate dunha persoa cunha inconmensurábel capacidade de traballo e igual capacidade intelectual.

A xulgar polas frecuentes declaracións de Manuel Rei, parece que os cargos son excesivos para a súa persoa. Demasiado interesado en aparecer na prensa, consciente que este é un bo medio de promocionarse, non coida a preparación das súas intervencións. O resultado é unha constante falta de precisión nas súas intervencións. Na entrevista citada ao principio, a xornalista pregunta:

-En 2002 a Secretaría General de Turismo puxo en marcha o proxecto Municipio Turístico Sostenible, co que pretendía mellorar a calidade ambiental e os servizos dos municipios seleccionados, catro por provincia. Entre eles estaba Pontedeume. Como valora o traballo feito nestes anos nese eido?

-Nin eu nin o meu grupo somos conformistas. Pódese mellorar moito nese terreo, pero houbo pasos importantes no que é o saneamento das augas residuais, a depuradora… Habería que actuar en temas forestais. Aquí consérvanse masas arboradas autóctonas importantes e habería que establecer algúns espazos ecolóxicos ben coidados, amplialos. A referencia son a entrada ás Fragas, a alameda, a xunqueira do Eume, a zona alta do Breamo -onde hai unha pequena aula da natureza- e a zona da ría, que conta cunha vexetación autóctona estupenda.

pontedeume-sostible1.jpgDescoñecendo o estado actual dese proxecto, lánzase a divagar sobre os logros de conservación medioambiental. A verdade é que o Concello de Pontedeume apuntouse a dito proxecto no ano 2002 pero foi incapaz de pesentar a documentación requerida para seguir adiante. Tal documentación constaba dun estudo sobre Política Medio Ambiental que recollese os obxectivos a acadar polo concello e o compromiso de mellorar o comportamneto medioambiental. Tamén debía presentar un programa de actividades de cara á consecución deses obxectivos.
Nada disto se fixo dende o ano 2002. As causas poden buscarse na desidia dos concelleiros ou, no peor dos casos, no desinterese en facer de Pontedeume un concello sostíbel.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to MANUEL REI, O SUPERCONCELLEIRO

  1. O outro di:

    Como sempre os políticos quedanse nas intencions, son unha maneira de quedar ben e gastar pouco. O mais alucinante é que levan catro anos sin avanzar (2003-2007), toda esta lexislatura. O problema está en que nas condiciones actuais e imposible entregar documentación algunha que cumpla con esa suposta sostebilidade. Demasiadas flores e complacencia para os pésimos resultados reais.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s