O SERENO

sereno.jpgPontedeume, ou mellor o Concello de Pontedeume, pretende implantar a figura do sereno, aquel personaxe dos sainetes madrileños que tanta pseudoliteratura creou. De nada sirve que a tecnoloxía nos facilitase o traballo de abrir os portais cos porteiros automáticos. A tra¡dición manda, aínda que sexa castiza.
Parece que o noso concelleiro de asuntos sociais, nacionalista, non ten reparos en copiar as ideas doutros lares, como o de Chamberí, para importar esta peregrina idea do sereno.
En xuño do 2006 publicábase a nova de que este barrio madrileño quería recuperar a figura máis famosa do vixiante nocturno. E facíase nun medio de comunicación con estas palabras:

Un sereno versión ‘siglo XXI’ recorrerá por las noches las calles del barrio madrileño…El “sereno del siglo XXI” tendrá ligeras diferencias respecto al del siglo anterior. Irá uniformado, provisto de un walkie-talkie para comunicarse entre los serenos y con un móvil con linea directa con quien contrate el servicio.

La Voz de Galicia recolle a noticia de Pontedeume deste xeito:

O Concello eumés valora agora a posibilidade de recuperar a clásica figura de vixilancia nocturna, pero adaptada ao século XXI…portarán sistemas de comunicación en conexión directa co posto máis próximo da Garda Civil.

E como sempre hai que xustificar as medidas, nada mellor que lembrar os numerosos furtos e actos vandálicos que se producen nas noites eumesas. O sereno sería a salvagarda da preciada orde. Que se vexa reducido o seu campo de actuación ao casco histórico (os serenos non están motorizados) non é un contratempo por canto os medios rurais non padecen a inseguridade das vilas e cidades.
Parece pois que o Concello de Pontedeume chegou á convicción de que a Policía Local é innecesaria e non aposta pola ampliación dos seus efectivos. Todo o contrario, a reducción chegou ao extremo de suprimir as patrullas nocturnas. Se vostede ten un problema de tráfico, foi vítima dun atraco, ou víu alterado o seu sono por mor do botellón, escuse chamar ao teléfono da Policía Local.
A figura do sereno sería un bo sustituto dos axentes municipais. Sen a capacidade de mobilidade dos policías, pero moito máis económico, permitiría aos escasos municipais traballar nos asuntos administrativos que tantas dores de cabeza lles ocasionan. Queixábase este corpo de non poder facer cumprir a lexislación sobre zonas peonís, hoxe convertidas en aparcadoiros. Agora terán todo o tempo que precisen.
Recomendamos dende esta páxina vaian facendo prácticas para chamar a este personaxe tan entrañábel.
Serenoooooooo!
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s