A FAMILIA MARTÍNEZ CRECE

folga_en_einsa_as_pontes034_800.jpgA empresa EINSA, con fábrica en Campolongo, avanza por uns derroteiros difíciles de comprender. Se hai un ano tentou despedir a gran parte da plantilla por falta de traballo, agora parece que está acelerando cara non se sabe onde.

Para comezar, “ficha” a dous grandes das finanzas. Un, José María Castellano, famoso por ser a man dereita de Amancio Ortega e impulsor do imperio de Inditex; outro, Javier Riera, ata xaneiro pasado director xeral da planta de PSA Citroën en Vigo.  Todo un luxo para unha empresa que estaba en plena crise hai poucos meses.

Ademais solicita ao Concello de Pontedeume a recalificación duns terreos nos que non só se asenta a fábrica na que se imprimen as guías telefónicas de media Europa, senón tamén as fincas de distintos veciños de Pontedeume alleos ás intencións que a familia Martínez dispuxo sobre as súas terras. Como non podía ser doutra forma, o Concello non lle nega ao seu fillo predilecto semellante favor. Algún dos lectores non tería esa xenerosidade cos seus fillos?

Todo é moi escuro. Non parece que os pesos pesados antes citados, afeitos a lidiar con grandes multinacionais, se adpaten a unha empresa modesta se a comparamos con Citroen e Inditex. Os beneficios xerados non poden ser tan importantes como para atraer a atención do Sr. Castellano e do Sr. Riera. Porén, as dúbidas tornaríanse máis claras se pensamos no sector que máis plusvalías produce na actualidade: o negocio inmobiliario.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

9 Responses to A FAMILIA MARTÍNEZ CRECE

  1. Pois vai a ser que o Concello tenta apoiar o asentamento industrial en Pontedeume. Vaia pecado máis grande!!!!
    Abre un pouco os ollos e mira máis alá da ponte de pedra, ou eres dos que queren que Pontedeume siga subsistindo a base de baretos cutres e un feironcillo de chiste??. Hai máis mundo ahí fora: os terreos para a ampliación de EINSA se expropiarán a un precio xusto de mercado e se amplia o negocio, que moitas veces é a única maneira de medrar. ¿Costes de produccón?, sónache o concepto?. Manda collóns, a estas alturas do 2007 que siga habendo xentiña así de victimista…..

  2. Pepita la luna 2 di:

    Pepito la luna:
    Estamos a falar dunha fábrica que ameaza mes si mes non con despidos masivos, e dun Concello que, co pretexto da reindustralización, ao igual que o BNG estatal con Astano, está a favorecer prevaricando a unha soa entidade privada, neste caso Einsa, naquel Barreiro, aínda por riba con víctimas de fondo, os expropiados. Que exista o xustiprecio é máis que cuestionábel, e que a unha persoa lle expropien para bens privados é xa de neoliberalismo corrupto. O mires como o mires, segundo a túa postura algún día estaremos en mans do capital privado, en sanidade, en educación, e non moi lonxe, mesmo na administración.
    E si, é un pecado moi grande, que expropien para un ben non común, non que se tente favorecer a industralización. Non por oporse a isto se opón un á industralización. Nin sequera paga a pena responderche, a verdade.

  3. Carlos di:

    O goberno deste Concello quere as nosas terras de balde.
    Toman decisións sobre as nosas terras sen informarnos, e por unanimidade segundo TINO Regueiro (BNG) .
    Din que é un beneficio para o pobo, ¿de onde somos nós ou non estamos no censo?
    Señores do goberno nós temos a mala sorte de ter só o vinte por cento da terra que quere EINSA, pero temos familias, amor propio e dignidade que imos defender.
    No Agosto do 2000 xa o intentaron, agora apostan máis forte.
    Queren facerlle un bo agasallo a EINSA pero que o paguemos nós.
    Queren que nós sexamos donantes non donos.
    Queren que o pobo medre porque pensan que pobo so son eles.
    Queren arrimarlle ao oitenta de EINSA o noso vinte por cento.
    OS SEÑORES DE EINSA tamén:
    Queren que lles financiemos con cartos e terra as rúas, que de terra non lles valen
    Queren que lles financiemos con cartos e terra os servicios urbanos i equipos
    Queren que lles financiemos con cartos e terra o aparcamento do pazo
    Queren que lles financiemos con cartos e terra os xardíns do pazo.
    Queren,queren, NON QUEREN FÁBRICAS, O QUE QUEREN É CHALÉS, PERO DE LUXO.
    Despois de tanto pagar, se cadra xa quedamos empufados e non chega o valor dos metros cadrados que nos queden para facer as parcelas que nos prometeron, e cando queiran expropiarnos xa non cobramos nada, sorte se non temos que pagar.
    Mais non lles chega porque tamén queren as nosas terras polo JUSTIPRECIO.
    Esta ameaza botouna o representante de EINSA na sala de reunións en presencia de BELARMINO Freire,(PSOE) TINO Regueiro(BNG) e os DONANTES, pero nin Deus rechistou, tivemos sorte o señor alcalde animounos moito e dixo: “nosotros hicimos lo que debíamos, si no estáis de acuerdo defendeos”
    E nós que somos moi mandados,¡ÍMOLO FACER!Ímonos defender con uñas e dentes ou o que teñamos nas mans.

  4. Non vexo por ningures a relación entre este caso e o da proposta do BNG a prol de xerar emprego industrial en Astano. En calquera caso, xa vexo de que pao vas tí. Pódese saber cal é a túa proposta para xerar riqueza industrial neste deserto tecnolóxico e subsididado no que vivimos chamado Ferrolterra?. Só unha apreciación o tardofranquismo xa rematou e xa ves onde acabou o comunismo…
    Así que solucións como que Astano volva facer barcos como hai 20 anos e paridas polo estilo non me valen, polo menos mentres os inútiles dos socialistas (ós feitos dos ultimos 25 anos en Ferrol me remito) sigan tendo algo que dicir eiquí.

  5. Caciques di:

    Esta é a nova cacicada do goberno eumes, como sempre facendolle a cama aos ricos, xa veremos cando tempo van tardar en cerrar a fabrica, con maquinaria que se cae a cachos. Si antes foi con promotores de pouca monta aos que se lles abreu o concello de par en par, deixandolles facer o que lles veu en gana durante decadas, e facendós de ouro, agora se lle abre a porta ao fillo predilecto. Merda de caciquismo, non rematara nunca en Pontedeume.

  6. Pepito no te creo di:

    Pepito la luna, no entiendo como puedes afirmara tan tajantemente que esa recalificación va a ser para crear industria y no especular con el terreno ¿sería la primera vez que nos mienten?
    O sabes más que nosotros y conoces a ciencia cierta que tipo de industria van a crear y cuantos empleos (en tal caso te agradecería que compartieses la información) o, en caso contrario, no entiendo como no puedes tener una duda razonable de esta “sospechosa” operación, por muchas circunstancias que están muy bien explicadas en la página de fusquenlla y que son un secreto a voces desde hace ya algún tiempo.
    Pensemos con lógica: Si esta recalificación fuera para crear industria y los políticos lo supiesen con absoluta certeza o tuviesen un auténtico compromiso de futuro, serían los primeros en anunciarlo a los cuatro vientos dando datos y aportando toda la información que tuviesen para anotarse el tanto en víspera de elecciones. En lugar de aprobarlo deprisa y corriendo y aguantando el chaparrón que les cae sin aportar prueba ninguna de lo que se va a hacer ahí en un futuro.
    ¿Eres a caso alguna de las partes implicadas o interesadas (einsa o ayuntamiento) que espera quitar beneficio de la recalificación?????

  7. El que responde a Pepito di:

    Véndoseche a pluma que eres do Bloque Nacionalista Galego, con todo o teu dereito, vouche permitir que sigas afirmando medias verdades sobre o que propoñedes e, aínda peor, sigas dicindo falsedades sobre o que din os que se vos opoñen.
    -Calquera proposta de reindustralización de Astano non ten por que ser benvida. Tédelo que comprender. A vosa proposta é dereitista, prevaricante e desvergonzada. E os sindicatos, en masa, dixéronvos que non. E son eles os representantes reais dos afectados, para ben ou para mal, da vosa proposta. Non o sodes vós.
    -Se privatice ou non Astano seguirá sen poder construir barcos civís, iso está claro no acordo coa UE.
    -No caso de que se privatizara, postura que eu non comparto nin os sindicatos, e afortunadamente, o PSOE tampouco (menos mal que ás veces está á vosa esquerda), habería que facelo polas vías normais, e.g., con concurso público, non ao xeito BNG: son Fernando Blanco e chamo un día a Barreiro por teléfono para lle ofrecer Astano (palabras texutais de Barreiro a unha entrevista en El País). Deberiades medir mellor as vosas accións ou acabaredes nos tribunais por clientelismo e prevaricación, ou moito mellor, na rúa sen votos.
    -Por outra banda, renunciar ao comunismo ou á esquerda, cousa que cada vez teño máis clara que facedes, non significa pasar, do día á noite, ao extremo oposto máis radical: o neoliberalismo. O problema das privatizacións (práctico e ideolóxico) é suficientemente relevante como para que unha organización como a UPG que segundo os seus estatutos se declara comunista non ande á lixeira facendo e desfacendo, ou mellor dito, outorgando por vía directa bens públicos a propiedade privada.
    – A proposta económica de Barreiro non facturaría nin un tercio do que factura hoxe Astano, e aínda por riba reduciría máis empregos dos que hai na actualidade (datos reais, recollidos do plan de Barreiro). Por outra banda, non garantiría unha perpetuidade de industrialización (á mínima podería vender os terreos por exemplo para especular) nin, moito menos, sería signo dun patriotismo financieiro moi achegado ao vencellamento capital-nación que promoveron os grupos fascistas, xa que ás poucas semanas xa estaba estudiando a opción usual de irse a oriente a abaratar precios, despois da negativa da SEPI. Asemade, é precisamente o concepto de capital de raza, ou capital galego, o que vos move a actuar nesa dirección, e non o ben común, pois aquí non o hai.
    -Para remtar, que usedes o feito de que Astano é público como barreira que impide o seu relanzamento é ruín, porque non é certo, xa que os acordos son invariantes en función de se se privatiza ou non, e porque o usades para enganar á opinión pública (quen sabe se non o usa F.Rodríguez para vos autoenganar) e para acadar o obxectivo “político” que queredes: Astano privado, non Ferrolterra reindustralizada.

  8. Pois non, non teño vencellamento con ningún partido político, só me move o ansia de ver progresar a miña terra, da misma meneira que progresan en Vitoria, Vila-real, Tarragona, Teruel,etc…, sitios nos que por desgraza levo traballando durante casi 12 anos porque eiquí na miña terra non teño ninguna posibilidade de acadar un posto técnico no sector industrial que é o meu obxectivo laboral e o de moitos ferrolterráns. Por iso eu síntome ledo cando hai xente que se move para xenerar tecido industrial na bisbarra, xa sexa Fraga con Reganosa, xa sexa F.Blanco coa proposta do Sr. Viñas de Barreras ou xa sexa quen sexa co proxecto de Einsa Multimedia en Campolongo.
    Tí, que supoño terás algún vínculo co PsoE polo teu discurso tópico, deberías estar avergoñado do que esos INEPTOS fixeron con esta bisbarra durante 25 anos: plan ZID tras plan ZUR sobre o papel e ningún reflexo no mundo real, moi propio da élite cultureta sociata. E dende logo, vergoñenta a acitude dos sindicatos no tema “Barreras”: a iso non se lle chama defender á clase traballadora, a iso chámasele perder unha oportunidade única de crecemento por defensa duns principios caducos que xa non teñen sentido no ano 2007. E dígocho cando levo máis dun ano negociando convenio con ELA e LAB, bastante máis responsables industrialmente que toda esta tropa de subsidiados protexidos coa vida resolta que son os sindicalistas liberados de Astano.
    Eu quero, EXIXO ás clases dirixentes galegas, unha posibilidade de desenrolar o meu coñecemento no mundo industrial na miña casa e axudar a que o meu país medre, e non ter que andar polo mundo adiante como emigrante, como centos de galegos altamente cualificados que me levo atopado durante todos estes anos.
    Dubido moito que uns señores como Riera ou Castellanos, se vinculasen a un grupo especulador inmobiliario como se denuncia neste caso da ampliación de EINSA. Penso que son garantía suficiente como para pensar que ahí hai un proxecto interesante e que se debería aproveitar a oportunidade, lóxicamente sin actitudes filomafiosas e abonando precios de mercado ós propietarios dos terreos.

  9. caciques di:

    Quedome coa derradeira frase “sin actitudes filomafiosas”. tristemente é o mais abundante nesta vila. As empresas son lucrativas para os empresarios, senon non as montaban, non fai falla regalarlles nada, nin público nin privado.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s