AGRAS, CANDIDATO PERPETUO

agras.JPGHai uns días o señor Manuel Agras Fernández, candidato independente ao Concello de Pontedeume, deixaba ver nunha entrevista na Opinión que el nunca foi franquista; ao revés, padeceu o franquismo. Como aval da súa afirmación expoñía as calamidades pasadas pola súa familia durante a ditadura. Un irmán seu foi “paseado” e o negocio familiar esquilmado.
A realidade é moi distinta e pódese dicir que o Sr. Agras é o prototipo de animal que se adapta ao medio cunha facilidade encomiábel. Quen así actúa debe gozar de certas virtudes que o fagan impermeábel á crítica e estar vacinado contra a vergonza pública. Unha coraza a proba de escarnio.
Resulta que no ano 1975, ano no que morreu afortunadamente o ditador, o Sr. Agras era tenente de alcalde do Concello de Pontedeume e solicitou que a corporación municipal colocase unha placa conmemorativa que perpetuase a estadía nesta vila do que no seu día foi nomeado Rexedor Perpetuo do Concello de Pontedeume, excelentísimo Sr. D. Francisco Franco Bahamonde, xefe do estado español e xeneralísimo dos exércitos.
Algunha vez falouse nestas páxinas da idiosincrasia do eumés, comentarios non sempre ben acollidos por algunhas das persoas que se sinten eumesas con pedigrí. Afortunadamente unha minoría. Deberiamos engadir unha característica propia da zona que permite soslaiar os comportamentos caciquís e antidemocráticos de certos personaxes para permitirlles seguir disfrutando das prebendas do poder. Iso é o que pasa co Sr. Agras, un personaxe que como o caudillo do que dí sentirse distante, quere morrer ocupando a cadeira que o réxime franquista lle asignou a dedo. E pode que o consiga para escarnio dos que desexamos que Pontedeume deixe de ser un feudo das ideas máis retrógradas e pernicioas que actualmente padecemos.
E para rematar, postos a desexar atrevémonos a preguntar cando os representantes desta cidadanía, que aspira a un concello máis moderno e acorde cos tempos presentes, revogará o título de rexedor perpetuo a quen foi un maiores asasinos da historia deste país.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

5 Responses to AGRAS, CANDIDATO PERPETUO

  1. Olga di:

    ¿Y qué?
    Olga

  2. yo di:

    Demuestra esto si puedes: solicitou que a corporación municipal colocase unha placa conmemorativa que perpetuase a estadía nesta vila do que no seu día foi nomeado Rexedor Perpetuo do Concello de Pontedeume, excelentísimo Sr. D. Francisco Franco Bahamonde, xefe do estado español e xeneralísimo dos exércitos.

  3. miguel di:

    Todo esto e certo pero ademais hai que lembrar que a sua taberna estaba case pegada o antigo cuartel da garda civil cuios menbros a frecuentaban asiduamente ,polo que non e moi dificil de imaxinar a información que lles podería facilitar sobre “elementos subversivos” ,e ainda encima ten a cara de repartir carnets de democrata

  4. nani fonte crespo di:

    agras sardiña y fornos. que se juvilen en el valle de los caidos. que ya esprimieron bastante el pueblo.

  5. emilio di:

    Pero que pinta Fornos nese trio,que Eu saiba o único que esprimiu foron as tuberias que colocaba cando era fontaneiro,aparte das suas ideas non me consta que esta persoa esprimira ao pobo

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s