A TODO GAS

vizus.jpgAsí parece que andan algúns pola vida. O promotor Molares, unha nova profesión que abulta o seu currículo, non ten reparo en contaminar o río Vizús coas defecacións das súas vivendas. Pero Medio Ambiente opta por sancionar ao Concello de Pontedeume, é dicir a todos nós, a pagar unha multa de 6000 euros.
Deben saber que os eumeses somos xente tranquila e apacíbel. Se non non se entendería a decisión de  castigarnos polos pecados doutros. Se houbese xustiza divina, este pastor evánxelico de almas sería castigado polos seus pecados medioambientais. Como a divinidade non parece existir, hai que botar man da xustiza humana e esta é máis arbitraria que a celestial pois en lugar de penalizar ao alcalde por concederlle permiso polas excrecións, seremos os pontedeumeses os que, vía impostos indirectos, resarzamos os danos á Natureza provocados por quen está máis preocupado polo paraiso eterno que polo terrenal.
Este pequeno promotor que xa acumula varias obras ilegais en Nogueirosa e logo en Centroña posúe unha casa a escasos centímetros da costa que permanece oculta aos ollos das autoridades. O poder sempre foi cego sobre todo con aqueles dos que se sirve para a súa pervivencia. Nesa casa, con baixada directa a unha cala protexida dos bañistas por cans ameazantes, parece condensarse a evolución das desfeitas urbanísticas que proliferan pola nosa costa. O que empezou sendo un tellado de uralita sostido por catro paos, acabou convertíndose, como no milagre da multiplicación dos pans e peixes, nunha privilexiada finca para solaz dos seus propietarios. Consciente da impunidade e da riqueza que outorgan estas obras, o aprendiz de promotor ambarcouse en novos proxectos que lle impulsaron a edificar en Nogueirosa primeiro e Centroña despois.
A quen non lle gustaría ter unha man amiga disposta a limpar os excrementos que non sabemos onde aparcalos?
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

4 Responses to A TODO GAS

  1. Algun di:

    Pero este non é o único favor que lle fixo o concello a este home, a ver si alguen pode explicar porque Belarmino rexeitou un ramal para Pontedeume da canalizacion de Gas Natural, non deixou nin a posibilidade futura. ¿Non teria esto sentido sinon fose para protexer o negocio de bombonas de butano do sr Molares?. ¿Se pode chegar a ese extremo no trafico de influencias? ¿Poderia ser que Belarmino teña butano gratis para os restos a cambios deste pequeno favor?.

  2. veciñ@ di:

    Es verdad que la zona de Centroña donde está la finca del Sr. Molares tiene cerrado el paso por la costa pero ya estaba cuando MOlares lo compró, anteriormente quien lo edificó y cerró el paso fue un Sr. llamado “el Asturiano” que incluso cementó la cala y puso una bajada para la barca, pero ante las presiones de los vecinos desistió, fue hace muchos años ya debió de ser la primera y única manidestación de los vecinos de Centroña.A la cala de Celerio no tiene bajada directa pues no se lo consintieron los vecinos al “Asturiano”, si tiene el cierre hasta la costa y unos perros dentro de la finca, pero estamos peor los vecinos con los perros del Sr. Cheché que no sabemos hasta que punto es legal la edificación que el se hizo a 100 m de MOlares y los perros de él si te impiden acercarte y bajar a la otra preciosa cala “la Louseira” pues un dia sí y otro también están sueltos y salen de la finca atacando a los vecinos y ya se dieron varios casos, pero todo lo solucionan diciendo que tiene seguro.

  3. veciñ@2 di:

    Lo del gas tiene coña, no se pueden hacer unos contenedores en la plaza del pan y creeis que van a dejar enterrar el gas?. Gas Directo analiza el pueblo y no ve negocio. El sr. Regueiro (concejal), llevó las negociaciones con Gas Directo, empresa concesionaria de Pontedeume, quien valoró negativamente la realización, de momento, de la gasificación del casco antiguo, condición municipal imprescindible para gasificar Pontedeume.

  4. Olga di:

    Ya estamos con los galgos y los podencos, y lo que se nos escapa es que en Pontedeume -donde la gente que sotiene el municipoio con sus contribuciones no vive en el centro histórico-, se va a quedar sin gas natural porque los eumeses del concello quería que su centro histórico -donde apenas vive nadie- tuviese sus tubillos del gas, aunque nadie los usase.
    Señor, señor.
    Olga

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s