
Vinte anos dan para moito, ou iso pensamos. Mais no caso de Belarmino non foi así. Parece que as únicas obras que abordou foron as antes citadas. Lembramos que nas eleccións do ano 2003 este ilustre eumés xa fixera ademán de non presentarse pero finalmente optou pola reelección. Non podía abandonar o despacho sen deixar a impronta dos grandes monumentos. Esta decisión desacertada levouno a soportar a humillación de ser “prescindido” polo seu partido. Foron precisamente as obras de cemento as que puxeron en pé de guerra aos cidadáns eumeses e consecuentemente favoreceron a súa defenestración por parte do partido socialista.
Nada fácil de asumir por quen, imbuído de certo carisma mesiánico, aspiraba a ser recordado como o mellor alcalde de Pontedeume. Comprendemos así a reacción deste rexedor que critica ao seu sucesor e apunta como causa do descalabro electoral a personalidade de Vilariño por todos coñecida. Un maestro rencoroso co seu alumno díscolo, así é a imaxe que se transmite neste momento histórico de Pontedeume.
Se algo distingue a Belarmino doutros alcaldes é o seu sentido modernista da vida. Nada reacio aos novos modelos de cidades, non ten inconvinte en afirmar que “nuestro pasado histórico y monumental nos ha jugado una mala pasada. Teníamos la solución [un párking subterráneo en el mercado], pero no pudimos aplicarla [Patrimonio paralizó el proyecto en el casco histórico].” Como se vé, vale máis coche en subterráneo que patrimonio voando. Pensaría, con razón, que os monumentos non recibirían visitantes se estes non teñen onde aparcar. Ademais, como din moitos pragmáticos da vila, as antigallas son unha rémora do pasado que só deleitan a parásitos sociais como ecoloxistas e intelectuais.
Non sabemos cal será o futuro de Belarmino Freire. Pode que se deleite en longos paseos pola estrada de Centroña, na que o sol non será un impedimento para contemplar as xoias arquitectónicas eumesas.
Adeus Belarmino, que te confunda o ….. Os promotores sempre te recordaran, ainda que apartir de agora non te miren nin para a cara.
Que íamos esperar de alguén que:
Falanxista na dictadura,”socialista” na Democracia
¿Acaso tedes alguha dúbida do que seria se os talibans estiveran no poder?