
Por que non se ruborizaba o que escribía aqueles panfletos, será outro dos misterios que acompañen a este grupo. Escasos de ideas, non se cansaban de denunciar os soldos cobrados polo alcalde e teniente de alcalde. Agora que ocupan parte do consistorio en calidade de gobernantes, reclaman para si, tamén sen rubor, os soldos dos anteriores rexedores. A súa cabeza visíbel, Fernado Gª Sande (aos outros do COE nunca se lles víu nin escoitou), o xustifica matizando os escritos de antaño. Cando eles denunciaban os soldos de Belarmino Freire e Manuel Rei, realmente estaban a denunciar que non sudasen eses salarios. Esa falta de concreción na escrita, que descubre unha insuficiencia cultural (non confundir con deficiencia), permite a este novo gobernante terxiversar ao seu gusto os significados.
Non se pode criticar ao COE porque fan o único que saben facer: buscar un espazo dentro da política municipal. E os medios non son o importante, sono os fins. Que hai que mentir, míntese; que hai que cotillear, cotilléase; que hai que finxir, fínxese. Non fan nada distinto do que a maioría da sociedade está afeita a contemplar na clase política local, nacional ou estatal. Dunha forma máis chabacana quizais, estilo programa cotilla de TV, pero no fondo igual de soez.
As críticas hai que dirixilas aos que, co seu voto, permiten que a chabacanería se instale na vida política de Pontedeume. Parece ser este un lugar onde se premia insistentemente á mediocridade. Algúns os verán simpáticos; outros, representantes do folclore eumés.
O Comité Olímpico Español emprenderá accións legais contra o COE por arrebatarlles o nome? É un guiño aos seus afáns deportivos? Corren rumores na vila de que pertencen a un grupo kabalístico cuxo afán polo esoterismo levounos a ocultar a súa personalidade baixo a apariencia da ignorancia; din por ahí que estes harrypotteristas pretenden chegar ao poder para cumplir os soños platónicos do gobernante-filósofo. Se leedes os seus textos ao revés, a escuras e nun estado de semiinconsciencia alcólica descúbrense as claves para acceder ao coñecemento da pedra filosofal. Son a ostia estes
Sí, puede que sea cierto que son un poco pichoncillos.
Pero realmente, lo que jode es un buen pichón.
De momento ya aprendieron a decir donde dije digo, quise decir diego.
El tiempo, lo irá dando, pero por ahora, son otros dos los espabilaos que han tenido que pasar por el juzgado.
Salud y suerte