QUE PASA CO COUCEIRO FREIXOMIL?

le-pupitre.jpgA ANPA do colexio eumés “Couceiro Freijomil” manifestou o seu malestar ao decatarse de que a parte do colexio que está ocupada polos nenos de Primaria, o único que queda en pé do antigo centro, vai ser derruida e non se lles informou da nova localización dos alumnos.
Está claro. Hai que aforrar. O ensino non dá beneficios. Nin tampouco réditos políticos. Unha vez que se faga o novo colexio, alí meterán a todos os nenos de infantil e primaria. Un pouco apretados, si. Pero a salvo das inclemencias do tempo. Pode que teñan que prescindir dalgún espazo, como aulas de titoría, aula de audiovisuais, biblioteca u compartir despacho dirección e xefatura de estudos. Ademais se logran meter 25 alumnos nun aula en lugar de dúas, tamén aforrarán en mestres. Sen menosprezar que a calor humana suple á calefacción e mitiga o desprendemento de dióxido de carbono. Sobran razóns pois para bendecir a decisión da autoridade educativa. O pragmatismo é unha herdanza do anterior goberno popular. Non sabemos se por contaxio ou por xenética. De demostrarse que todos os políticos están xeneticamente predispostos a actuar con pragmatismo e a esquecer as ideoloxías que din defender, os cidadáns non se verían na necesidade de votar cada catro anos. Outro gasto imconmensurábel que se podería desviar a outras consellarías máis produtivas. Por exemplo a de industria, escasa de fondos para ampliar capital na planta de gas de Reganosa. Unha industria que si dá beneficios e traballo.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario