PRIVATIZA QUE ALGO QUEDA

lixo.jpgOs responsabeis do novo goberno municipal acaban de anunciar que contratarán os servizos dunha empresa privada para recoller o lixo. Unha idea que non é nova pois xa Belarmino se destapou como defensor desta proposta.
Dicían daquela que o servizo non era rentábel, que se necesitaban 600.000 euros para modernizalo. O que non entendemos é como unha empresa se comprometería a levalo a cabo se non produce beneficios. A única solución estaría na suba das taxas de recollida. Ou sexa, os eumeses pagariamos máis por renunciar á merda que nos invade. E isto último non estaría asegurado. A exemplos nos remitimos. Outro servizo privatizado, o de augas, non funciona como corespondería a un concello galego, con abundantes ríos e fortes precipitacións. Sabemos que as empresas están para facer diñeiro e non para servir ao público. Ademais o Banco Mundial é partidario de privatizar a auga e encarecer o seu prezo. Sería unha forma de solucionar a grave escaseza do chamado ouro azul. A auga para quen a pague.
Polo que parece, a continuidade asentouse na política e os partidos políticos non están dispostos a establecer rupturas. Se o PSOE apostaba pola privatización, o PP e COE tamén. A pesar diso hai quen en períodos electorais reflexionan a onde dirixir o seus votos. Propoñemos dende aquí unha refundación política baseada na fórmula: PSOE+COE=PCOE
E xa postos a privatizar, quizais dese resultado privatizar os cargos electos. O que se aforraría nas eleccións podería investirse en contratar unha empresa de mantemento de xardíns.
Non imos seguir dando ideas porque nos negamos a ser copiados polo PCOE. Que se esforcen que por algo lles pagan.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to PRIVATIZA QUE ALGO QUEDA

  1. bartolo di:

    eres un pouquechiño alarmista. polo que sei, o único que se fixo foi contratar a unha empresa para que cubra a recollida do lixo os fines de semana nos meses de verano de xeito que teñamos servicio de recollida tódolos días do verán. aínda non se privatizou nada.
    con respecto ó de “que se esforcen que por algo lles pagan” a miña pregunta é : ¿lles pagan? ¿pero iso xa se sabe? Teño entendido que aínda non se fixeron as delegacións das concellerías, nin se aprobaron en pleno “as pagas”… se co de que lles pagan te refires ás indemnizacións que cobran tódolos concelleiros (incluidos os da oposición) por asistencia a plenos e comisións, non se pode considerar un verdadeiro soldo, pero alá cada un… falar (ou escribir) non ten cancela

  2. Bartolín di:

    E se apuntaba a posibilidade de privatizar definitivamente o servizo, palabras do concelleiro de turno. O escrito no post non falta á verdade; recolle o aparecido no xornal Diario de Ferrol. Unha pregunta que me fago é a seguinte: en lugar de contratar a unha empresa, por que non ampliar con máis traballadores o servizo municipal? Ao fin e ao cabo, antes había máis currantes.
    E sobre o soldo, foron os electos os que anunciaron a idea de poñerse dous soldos: alcalde e teniente alcalde. Non me parece mal. O que estaría mal sería que non o xustificasen co seu traballo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s