GLENN

pico_vello.jpgPontedeume sempre foi terra de acollida daqueles que se sentiron impresionados pola beleza da paisaxe eumesa, das súas tascas e das romarías. Abofé que poucos vilas poden presumir de tantas virtudes. E iso é notorio nada máis desembarcar nestes lares.

Uns personaxes que quedaron cautivados por este pedazo de terra foron unha parella de ingleses, altos, aristocráticos, extrovertidos e de fácil comunicación. Pero a diferencia doutros que tamén se namoraron do terreo que acababan de coñecer, os ingleses fixérono dende outra perspectiva: a do valor xeolóxico. El, de profesión xeólogo, é administrador dunha empresa de capital anglo-sudafricano que busca abrir unha mina de andalucita na zona de Pico Vello, a carón das Fragas do Eume. O que nun principio parecía un caso envexábel de bohemios subxugados pola paisaxe, non era máis que un exemplo de busca de lucro incesante a costa da paisaxe. Unha continuación da cadea colonizadora que comezou cando os ingleses se apropiaron dos recursos de Sudáfrica. Son estes dous países os que agora procuran a riqueza dos galegos das terras do Eume.

O nome de andalucita se atribúe a un inglés que decubríu este mineral nunha paraxe castelá e, crendo que estaba en Andalucía, chamoulle anadalucita. Esta mostra de ignorancia, a mesma que lles leva a chamar á empresa que representan Picobello Andalucita polo lugar de Pico Vello no que se atopa o mineral, non é impedimento para conseguir grandes réditos da explotación dos recursos locais. Sempre foi Gran Bretaña un país que non necesitou da cultura para converterse nunha potencia mundial. O petróleo iraquí, máis valioso que a andalucita, esixíu esforzos ímprobos, sanguentos e tráxicos. Agardemos que o noso mineral non acade no mercado o valor do petróleo.


 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

5 Responses to GLENN

  1. HArta di:

    A ese “noso mineral” como lle chamades?
    Co nome có Inglés lle puxo?
    Son galega, emigrada por forza en Inglaterra, pais das mil posibilidades, decidín huir de Galicia, rexión das mil dificultades… Paradóxico que uns Ingleses aínda teñan ganas de seguir intentando progresa-la Galicia que tí chamas nosa.

  2. Dario di:

    Un poco de seriedede e rigor:
    Primero, A Andalucita non foi scoperta por un inglés, hoxe en día que non está informado é porque non quere: http://es.wikipedia.org/wiki/Andalucita
    E segundo, a esplotación da mina de Andalucita traducese en traballo para centos de persoas, galegos, científicos que teñen que buscar traballo fora de Galicia.

  3. manuel di:

    A fabricación de armas, a prostitución e o narcotráfico tamén xeran emprego e riqueza. A única xustificación que atopaches é a económica. Non pensaches por un momento no impacto ambiental? Pero seguindo co argumento inicial, cánto traballo e por cánto tempo? Quén se leva os beneficios? Quén resulta perxudicado?

  4. Sofia di:

    Se ti pensases un momento toda a xente sen traballo en Galizia dariaches conta que solo por iso mereceria a pena.
    E a tua casa non esta feita de materiales que algun dia foron collidos da natureza?. E tamen estropearon bonitos paisaxes? Os recursos van acabando e se non os colles doutra parte que fas? Si non te digo que non estropee os paisaxe pero iso e algo que ti non vas a parar si non o collen este ano os colleran o seguinte porque e una necesidad humana.Non e que vaian a crear un centro comercial o un rasca ceos no medio de pontedeume.

  5. Eumés di:

    Falas do impacto ambiental,pero… ¿sabes cal é o impacto ambiental?
    Non vale o que pensas que vai ser. Dende o meu punto de vista deberías coñecelo para poder afirmar o que afirmas, doutra forma sería algo bastante demagóxico… falar por falar e censurar por censurar.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s