LIORTAS NOCTURNAS

alcohol.jpgO parentesco entre sábados e liortas xa está suficientemente demostrado. A última pelexa tivo lugar o pasado fin de semana entre “señoritos da Penela” e “furibundos vilanchos”. Non coñecemos o resultado final nin os vencedores. Dá igual porque os perdedores somos os que aspiramos a unha vila moderna, tolerante, solidaria, pacífica, culta e cun nivel de vida propio das cidades europeas. Unha utopía. Pontedeume sigue a ser unha localidade na que perviven os vellos exemplares da España ruda, os expoñentes da virilidade celtibérica. ¿Onde se víu que un home culto é mellor que un patán con atributos entre as pernas? O mesmo deben pensar os que teñen nas súas mans a salvagarda da orde pública pois os sábados á noite o territorio eumés é zona liberada para os que fan das bravatas o seu estilo de vida. Bares que emborrachan a menores, menores que desexan imitar aos adultos, adultos con coeficiente infantil, autoridades que non velan pola convivencia, policías que descansan, médicos superados no seu traballo, profesores desorientados,…
E Pontedeume sigue a ser unha vila tradicional.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to LIORTAS NOCTURNAS

  1. Letizia di:

    totalmente de acuerdo contigo

  2. Un que non volve di:

    Correcto. As dúas últimas visitas nocturnas a Pontedeume acabaron en liortas. As “mocedades”, trala pregunta “e ti, ¿de ónde es?” e escoitar unha resposta diferente a Pontedeume ou similar, empezan a repartición. Panda de mamóns!!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s