CATACUMBAS

tunel.jpgParece que certos “estudosos” do comportamento humano están convencidos da tendencia innata a refuxiarse  na terra ante a aparición de calquer perigo. Os soldados cavan trincheiras para protexerse do inimigo; Hitler construíu un bunker baixo terra; as catacumbas servían de refuxio aos antigos cristiáns ante a persecución dos romanos. Incapaces de facer fronte ao imperio, os crentes optaban por agocharse baixo terra, nun ensaio do que sería o fin da vida. Para os romanos quedaba a luz; para os cristiáns, as tebras.

Entre os que están convencidos do inevitábel desta conduta está o alcalde de Pontedeume. Convencido do grave perigo que entraña o excesivo número de automobeis para os, ata hai pouco, afortunados eumeses, decidíu cavar un paso subterraneo polo que poder comunicar os dous sectores nos que Pontedeume vai quedar dividido por mor das rotondas previstas.

Os cidadáns, afeitos xa á escuridade, se protexerán así da ameaza cada vez máis real dos vehículos. Temos que recoñecer que ante a industria automobilístca non somos máis que simples consumidores agradecidos por permitirnos movernos con facilidade dunha cidade a outra, dunha esquina a outra. De agradecidos é pois ceder a luz aos vehículos e conformarnos coas tebras subterraneas.

Pero que non se pense que o noso conformismo é gratuito. Esixiremos, como non, que se prohiba mexar nos pasos subterraneos e que estean dotados de candís para evitar asaltos. Se temos que descender de nivel queremos facelo con hixiene e seguridade.

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to CATACUMBAS

  1. roi xordo di:

    Hai algo neste asunto do recheo que cheira moi mal; para comezar, e indo ao práctico, en ningún intre se din as prazas de aparcamento que se poderían gañar; ademais, ¿que solución ao problema endémico do tráfico é esta? unha vía paralela á avenida de Lombardero desviaría parte do tráfico que cruza polo centro da vila, si, ¿pero que soluciona? como xa se dixo a auténtica circunvalación de Pontedeume xa está feita e é a autopista, pero habería que acadar a gratuidade do tramo deica Miño. Acometer unha obra deste custo tan só para desviar parte do tráfico que vai cara a Centroña ou a estación semella ridículo. Tampouco se especifica que instalacións de lecer se teñen pensado poñer no peirao, ao que polo que semella este alcalde (que ademais é armador) ten pensado anularlle o seu carácter industrial para trocalo en sabe Deus que. Como vedes xa non estou falando do impacto paisaxístico nin ambiental que tería o recheo de parte da ría, para que non se me acuse en balde de romántico ecoloxista inimigo do progreso ou algo así.
    Un saúdo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s