CANDO UN NOTARIO SE VAI…

notario.jpgUnha canción de Alberto Cortez decribía con pena a marcha dun amigo. “Cuando un amigo se va, queda un espacio vacío que no lo puede llenar la llegada de otro amigo”

Isto foi o que deberon pensar moitos dos comensais que acudiron a unha cea de despedida. Quen se marcha neste caso é un notario. E por suposto os invitados estaban tristes porque “cando un amigo se va, queda un espacio vacío…” Ademais non é tan doado atopar amigos hoxe en día. Polo menos amigos que teñan o poder dos notarios. Unha mágoa para moitos que terán que facerse un oco na axenda do substituto, volver a empezar. Entre os invitados habíaos de moita condición e estirpe. Por suposto non podían faltar promotores inmobiliarios. “Cuando un amigo se va, queda un terreno baldío…” Tamén estaban políticos e ex-políticos. Compañeiros das farras nocturnas, “ Cuando un amigo se va, se detienen los caminos y se empieza a rebelar el duende manso del vino”. Moitas palabras de agradecemento para o que dirixíu unha notaría. Un lugar este no que se escribe algo da historia das vilas. Polas notarías pasan os que inciden na vida política e social dos pobos. Nelas valídanse contratos, acordos, herdanzas, hipotecas (bancarias e doutro tipo), expropiacións. Operacións que enriquecen a uns e empobrecen a outros.

Estaban á mesa os que gozan dun estatus social (aparente) e os que ansían acadalo. Os que buscan a proximidade da lei para sentirse protexidos cando a infrinxen. Os que cunha copa na man fan guiños para seducir. Os que queren pechar un negocio no último instante. Os que teñen pendentes asinar unha escritura de compra-venta dun terreo urbanizábel, ou non urbanizábel pero coa firme decisión de construir nel. Os que buscan un apoio para catapultarse ao poder. Os interesados. Os mediocres e oportunistas. Os que foron representantes da España franquista xunto cos novos demócratas.

Non estaba Pilar, a veciña desafiuzada da súa vivenda. Tampouco aquel traballador que pedíu un préstamo bancario para mercar a súa modesta vivenda e necesitou comprometerse co banco ante a mirada severa do notario. Nin o meu amigo Xan que se hipotecou coa compra dun tractor.


 


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

12 Responses to CANDO UN NOTARIO SE VAI…

  1. jose di:

    Querido ASCROAS : Permiteme que te haga alguna pregunta ¿fuiste a la cena? ¿como sabes quien estaba allí y sus intenciones? ¿te lo contaron, quizás algún amigo? Entonces tu amigo entra dentro de los grupos que tú citas. O es que al final vá a resultar que eras tú el que estabas.
    Sinceramente, a mí me parece que quien se va es una buena persona a la que no puedo considerar como un amigo intimo, pero con quien he hablado y escuchado lo suficiente como para no tener todo ese lio mental que parece tú tienes. Y si acaso hay algo que debamos conocer los que leemos este blog, pues no tienes mas que decirlo y no tirar la piedra y esconder la mano.

  2. Paco di:

    Eu lin a noticia e non vin ningunha palabra que poidese ofender ao homenaxeado.

  3. Juan Pedro Vicente Olarte di:

    Me llamo Juan Pedro Vicente Olarte,y Ud.?
    El otro día fuí uno mas de los asistentes a ese conciliábulo Judeo-Masónico, con perdón, de despedida a “ese” Notario destinado en Pontedeume, y me quedé muy sorprendido (?) cuando leí su reflexión (?), la de ud., porque el resto de gentuza, (vaaaale, no todos), que estábamos allí sabíamos la clase de calaña que nos íbamos a juntar. Por cierto, ¿le importaría aclararme en qué “condición o estirpe” me incluye a mí? Verá, es que desde que leí su babosada me atenaza, ¡¡¡¡ ole!!!!, esa duda.
    Por cierto, eso de que “Polas Notarías pasan os que inciden na vida política e social dos pobos”, ¿también le incluye a Ud?
    No voy a decir nada del Sr. Notario, no me da la gana, Gustavo y Rosa lo dicen todo, lo siento por Ud., no sabe lo que se pierde.
    PDT: Proximamente celebraremos otro aquelarre, hasta creo que viene un Sr. con acciones,¿quiere saber por qué, cuándo, cómo y dónde? Si quiere, incluso le puedo pasar la lista de invitados. No se preocupe.
    ¡¡¡¡Creo que paquirrín no la dejó preñada!!!!.
    Hasta siempre

  4. Celestino García Torres di:

    No se a qué viene tanto escándalo. Al margen de lo personal, que a mi no me interesa, me parece apropiado una crítica a la labor del notario en España. Su particular estatuto le confiere unos privilegios inconcebibles. Dar fe en actos mercantiles viciados no sólo es una blasfemia, es un delito de marca mayor. Este registrador, cualquier registrador en este país, al que pagamos cifras astronómicas, para garantizar la legalidad de acuerdos mercantiles donde constantemente se emplean enormes cantidades de dinero negro es indignante. ¿No lo sabían? ¿Cuántos novatos compradores se han escandalizado al comprar su vivienda y comprobar que parte del dinero comúnmente se entrega en mano y no consta su entrega? Que el testigo de esta operación que avala legalmente la transacción sea el notario debe justificar la razonable indignación que todos sentimos en contra de estos “funcionarios”. Lo sabemos y nos hacemos cómplices del juego. Por otro lado, tradicionalmente, han sido siempre parte de las odiosas fuerzas vivas, representades del poder establecido y aliados naturales de la derecha rancia y reaccionaria. Por todo ello, y aunque no estemos de acuerdo, es razonable que se hayen expuestos a críticas y comentarios desdeñosos.

  5. Marola di:

    Quizas mas que una critica a una persona sea esta una critica a un sistema anacronico como es el del notariado, creo que no se está criticando tanto a la persona, que me parece a mi que pocos la conocen mas alla de la figura legal, como a una institución del estado que sigue abusando de los ciudadanos casi como si la edad media se tratase. ¿Por que a que viene esto de cobrar un 7% de impuestos cada vez que haces un cambio de titularidad de una propiedad, sea o no vivienda habitual?, pero no se engañen este impuesto no es lo que cobra el notario sino el Estado Español, y eso que dice la constitucion que todos tenemos derecho a una vivenda digna, a este impuesto hay que sumar las contribuciones anuales por las propiedades, las declaraciones de patrimonio, el indignate pago de derechos reales por herencias de familiares directos, incluso cuando tu llevas viviendo toda la vida en esa propiedad y fallece el ascendente o consorte titular de la propiedad…..En fin todo un abuso, pero por otro lado esta claro que el notariado es una figura rancia como puede ser la guardia civil, que el pueblo asocia, quizas con razon,a malos tiempos pasados, evidentemente son conocidos los trapicheos que se realizan no pocas veces dentro de las notarias y no pocas veces con la complacencia o la dejación de los titulares, pero no nos engañemos cada quien se libra de pagar al Estado Español como puede, y sobre eso el que no lo intente que tire la primera piedra, en el fondo los notarios no dejan de ser otra mas de las caras del Estado que aparte de la consideración de ¿a que viene esa exclusividad de la actividad como otros parientes cercanos como los farmaceuticos?, deberian de desaparecer como entidad privada con animo de lucro para ser ocupados por oficinas publicas en las que se diese fe de la validez de los contratos realizados entre particulares.

  6. Pontumio di:

    Por distintas cousas non me enterei nin da despedida do notario nin do comentario que neste medio firmaba “As croas”.
    Á cea gostaríame ir(Xa non podo) e ó comentario xa que ainda podo voulle ou vouñe (como decimos en Pontedeume) poñer uns cantos puntos e aparte.
    Ti de onde saes rapaz/a?
    Dis que os invitados? Que eu saiba non eran invitados eran amigos que quixeron cear con Gustavo e…
    ¿Que non é doado atopar amigos nestes días? Pasarache a ti. Eu son amigo de Rosa e Gustavo,e dun cento de xente que a cotio chega a Pontedeume, e pódoche dicir que nin son abogado, nin traballador de ningún banco, nin son contratista, nin político,nin compañeiro de farras nocturnas, nin merquei nin vendín un piso…(Tampouco a miña familia)Coñecinos cando viñeron para Pontedeume e son unhas persoas que queren e deixanse querer.
    Que eu saiba o notario da fe do que ti e mais eu vamos e ñe contamos sobre os nosos lios de compra venta, e outras lerias…Si tes acusacions mais serias que o que se fala polos bares, non tes mas que poñelo en coñecemento da xustiza.
    Tampouco sabes que o notario non pode facer que unha parcela sexa urbanizable cando non a é?
    O notario non pode pechar negocios nin ten a culpa das hipotecas que se piden sin ton nin son , nin etc.
    E por último o notario Gustavo no foi quen levou a venta da vivenda da veciña Pilar desafiuzada(gorentoume o termo, no o coñecía).(Desto teño un libro no que se conta donde foron a parar os cartos da venta.Sairá pronto, e como escrusiba, en tele 5 ás doce da noite).
    Si estás entrenando para periodísta o artigo é moi malo e si querias facer dano a Gustvo é a súa familia non o lograches xa que eles saben que os queremos por que son boa xente e non porque sexa notario.
    Na miña casa ó diccionario chámanñe o “sabelotodo” xusiro que o mires a ver o que che conta sobre un notario.
    Amparados no anonimato decides parbadas a esgallo, todolos que non tedes nin un pouco de educación, nin sabedes que facer co tempo de lecer e nin tedes respeito polos demais. ¿Que carallo facedes durante todo o día?
    Dadesme pena

  7. Paco di:

    Teño que volver a este foro porque non entendo nada do que din os “comentaristas”.
    Non vexo onde se fala mal do notario. O que vexo é unha crítica ós que asistiron á cea. Bueno, a certo tipo de xente moi dada a estas festas. Animo ao dono do blog a seguir facendo crítica

  8. Pontumio di:

    Querido Paco te remito al penúltimo y último párrafo del escrito de AS Croas donde se dice”Estaban á mesa os que gozan dun estatus social (aparente) e os que ansían acadalo. Os que buscan a proximidade da lei para sentirse protexidos cando a infrinxen. Os que cunha copa na man fan guiños para seducir. Os que queren pechar un negocio no último instante. Os que teñen pendentes asinar unha escritura de compra-venta dun terreo urbanizábel, ou non urbanizábel pero coa firme decisión de construir nel. Os que buscan un apoio para catapultarse ao poder. Os interesados. Os mediocres e oportunistas. Os que foron representantes da España franquista xunto cos novos demócratas.
    Non estaba Pilar, a veciña desafiuzada da súa vivenda. Tampouco aquel traballador que pedíu un préstamo bancario para mercar a súa modesta vivenda e necesitou comprometerse co banco ante a mirada severa do notario. Nin o meu amigo Xan que se hipotecou coa compra dun tractor.”
    ¿Esto no te parece un insulto?
    Se nota que estudiamos en escuelas distintas y en épocas distintas, porque a mi me suena a que se acusa a este notario de hacer todo lo que dice ese/a señor/a en esos párrafos
    E unhas palbriñas pra Celestino: Estiveches algunha vez diante dun notario? Eu si;pra mercar o meu piso e antes de firmar, leeume a escritura e preguntoume si estaba de acordo con todo o leido. Sabes que no leido vai incluido o precio que eu pago polo piso e que ten que concordar co cheque ou cos cartos que entrego nese momento? Non se poden dicir cousas de dixome, cóntanme sin mais.

  9. Paco di:

    Estimado Pontumio:
    Máis que un insulto parece unha crítica pero dirixida aos invitados, non ao notario. Este ten unha oficina aberta ao público na que ten que recibir a todo o mundo.

  10. Pero que estupideces se leen aqui!!!! Que pobreza de gente!!!
    No hay nada mejor que hacer???
    Pontedeume no os necesita.No aportais nada más que chismorreo, nunca llegareis a ser nada; nada más que típicos eumeses.

  11. as croas di:

    As descalificacións personais e insultos non teñen cabida neste blog. Todo comentario é aceptábelpor moi crítico ou transgresor que sexa, pero non se aceptan os insultos.Por esta razón foron eliminados os dous últimos comentarios.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s