A TAN NECESARIA MEMORIA HISTÓRICA

agras_franco_sardina.jpg

Necesaria porque algúns parecen ter síntomas de Alzheimer. Iso polo menos é o que lle pasa a Agras, o concelleiro “independente” de Pontedeume. (Na foto rendendo pleitesía ao Caudillo ante a atenta mirada de Sardiña)

No pasado pleno os concelleiros do PP e COE negáronse a tratar o tema da Memoria Histórica que reclamaba o BNG. Querían estes formar unha comisión que restituíse a dignidade dos represaliados polo franquismo e procedese a retirar toda a simboloxía do anterior réxime. Cuestión de matices pero é necesario aclarar que a dignidade dos mortos non é preciso restituila porque nunca a perderon, polo menos na mente dos que defendemos a legalidade do réxime republicano. O que hai que recuperar é a memoria dos que entregaron a vida pola república. Tamén nos facemos algunha pregunta porque non entendemos a oportunidade do BNG de reclamar algo que estivo nas súas mans facelo hai uns poucos meses. En decembro do 2006 escribiamos aquí a necesidade de que o goberno local, daquela en mans do PSOE e BNG, tomasen medidas para honrar a memoria espoliada dos represaliados. Non deberon ler as nosas liñas os ilustres concelleiros, ocupados como estaban en asinar a destro e sinistro licenzas urbanísticas.

Naquel escrito dabamos conta de varios homes e mulleres asasinados de Pontedeume polos falanxistas. Entre eles, familiares do anterior alcalde popular e do incombustíbel concelleiro Agras. Resulta difícil comprender a empatía dos que perdendo aos seus pàis e irmáns son capaces de identificarse cos torturadores e asasinos. Chacho Agras síntese efectado pola negativa do alcalde a formar a comisión pedida, a razónao a base de lembrar que o seu pai e irmán foron asasinados durante a guerra. Porén non recorda que foi nomeado concelleiro polo goberno franquista e, como tal, firme defensor do sistema que representaba. Tal era a súa afinidade que propuxo que a corporación municipal colocase unha placa conmemorativa que perpetuase a estadía nesta vila do que no seu día foi nomeado Rexedor Perpetuo do Concello de Pontedeume, excelentísimo Sr. D. Francisco Franco Bahamonde, xefe do estado español e xeneralísimo dos exércitos.

Reivindicamos unha lei da memoria histórica pero máis completa do que o PSOE, no Estado, e o BNG, en Pontedeume, reclaman. Unha lei que permita a señores como Agras recordar que foron colaboradores dun réxime que asesinou aos seus seres máis queridos.

E unha última reflexión. O Concello de Pontedeume nomeou rexedor perpetuo a aquel xeneral que non tremía cando tiña que asinar as sentenzas de morte. Tampouco o BNG cando estaba no goberno tivo a sensibilidade de lembrar este feito e pedir a revogación por parte do Concello de tan ilustre título. Desexamos facer extensíbel esta lei ao BNG.

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to A TAN NECESARIA MEMORIA HISTÓRICA

  1. manuel di:

    A desmemoria afecta neste concello tamen á esquerda. É chamativo que durante o último goberno que presidiu o socialista Freire ningunha das dúas formacións plantexara a necesidade dun mínimo recoñecemento das vítimas, moitas das cales eran militantes de esquerda, sobre todo de Esquerda Republicana e do PSOE. O último fusilado eumés foi o socialista Luis Nodar, concelleiro no 36 e dirixente sindical da UGT. Nodar, entre outras cousas, promoveu a creación dunha escola en Andrade e propuxo a construcción do Mercado municipal. Ningunha rúa leva o seu nome, ningunha placa lémbranos a este xove socialista morto en San Felipe no verán de 1937.

  2. nome di:

    Lo que hay que tener es cojones y mirar para delante. Porque todos podemos mirar para atrás!!!!!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s