O Concello de Pontedeume anuncia que vai tomar medidas contra os que deixen as bolsas de lixo na rúa. Parece ser que este é un costume, quizais tradición, que xa practicaban os eumeses de antaño. Sempre fomos un pobo tranquilo, cómodo e pachorrón. Cando non había contenedores, algúns veciños lanzaban a bolsa pola fiestra. Coa chegada dos depósitos, outros consideraron que se rompía unha antiga práctica e seguiron depositando as bolsas no chan. Hoxe, despois de conseguir que Pontedeume dispoña de contenedores subterráneos, a veciñanza non se amolda ás novas tecnoloxías do lixo.
Pode parecer que estamos ante un caso de vila pouco civilizada mais o certo é que se trata dun hábito cheo de solera e folclore, algo que os antropólogos poderían estudar. O Concello de Pontedeume, en lugar de sancionar aos que así actúan, debería subvencionar un estudo sesudo desta actividade. Coa debida propaganda poderiase atraer gran número de visitantes ávidos de coñecer in situ o carácter dunha vila medieval. Podemos asegurar que non hai parangón noutras localidades europeas, nin siquera españolas. Os estresados habitantes de Madrid (por poñer un exemplo) descargarían a adrenalina tratando de sortear as bolsas de lixo cales bombas de racimo. Unha experiencia inigualábel que repercutiría nas arcas do sector hostaleiro, queixoso dos malos resultados económicos pola falta de aparcadoiro.
Temos a materia prima, a merda que inunda as nosas rúas. Aproveitémola como pobo mercantilista que somos.
Me parece a mí que quienes tienen una pagina Web o Blog y le preocupan los problemas de su pueblo, lo que deberían hacer con las buenas ideas, es apoyarlas y difundirlas y no hacer la gracia y el chiste fácil, que no conducen a ningún lado.
Si queremos que los problemas que se denuncian desaparezcan, lo que debemos de hacer es colaborar y concienciar a la gente para que cumplan las normas y no poner como ejemplo hábitos que lo único que consiguen es que cada vez se hable peor del pueblo.
Estou de acordo co anterior. O mellor é tapar a merda para que non se vexa. E se chega a cheirar, desodorante.