Os divorcios traen de novo a ilusión, a sensación de sentirse mirado e desexado. Quen pasa por un intre así é o concelleiro eumés Fernando G. Sande. Despois da súa separación, nada amistosa como case todas as separacións, do COE, ao mozo chóvenlle multitude de ofertas, algunhas demasiado explícitas: «Nuestra política siempre ha sido de consenso, de tener las puertas abiertas, y García Sande nunca las tuvo cerradas», confiaban onte desde o grupo de goberno, do PP.
Outros pretendentes son menos atrevidos e reducen as súas pretensións a un simple manoseo. O PSOE, que declara abertamente a súa promiscuidade, manifestou que «siempre tendimos la mano a todos los grupos, y él es uno de ellos»
Tamén os celos teñen un papel nas traxedias sentimentais e os outrora despeitados amantes acaban por revelarnos un pasado escuro. O BNG admite que o solteiro Sande, «es una persona razonable, y coincidimos en algunos asuntos con el»
Pero o certo é que o protagonista da historia, xa escaldado de romances na vila, non desbota a idea de procurar parella máis aló da comarca eumesa. Consciente da revalorización do seu caché xa iniciou conversas con Terra Galega. A lingua non debe ser un problema á hora de entablar relacións, senón todo o contrario.
As declaracións dos partidos políticos foron recollidas polo xornal La Voz De Galicia