8 de marzo, día internacional da muller traballadora

8marzo.jpgEn Galiza a porcentaxe de mulleres que realizan tarefas do fogar é do 80 %, mentres os homes teñen unha porcentaxe similar paro á inversa: un 80% non fai ningún traballo doméstico.

As compras do supermercado presentan unhas cifras desventaxosas para as mulleres. Mentres estas acuden á tenda nun 87% dos casos, os homes só o fan nun 57%, e moitas das veces acompañando ás mulleres.

Da limpeza outro tanto. Un 15% dos homes realiza estas tarefas habitualmente contra un70% das mulleres.

Non seguir falando con cifras por non tecnificar o problema. É un asunto social grave e imposíbel de xustificar nunha sociedade que presume de estar no século XXI e pertencer á Europa do progreso. Escandalizámonos da situación que viven as mulleres no terceiro mundo pero somos incapaces de ver a nosa comunidade con eivas propias da inxustiza que afecta a millóns de mulleres en todo o mundo.

En palabras de Charlotte Whitton: “as mulleres teñen que facer calquera cousa o dobre mellor que os homes, para ser consideradas a metade. Por sorte non é difícil”

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s