Nunca Máis

nuncamais.jpgUnha historia real que parece sacada da época do franquismo. Daquela ninguén, ou case ninguén, se atrevía a enarbolar bandeiras que non fosen do réxime, como se lle soía chamar ao sistema político vixente. Os que si se atrevían a censurar eran os adeptos a este. Coa desfachatez dos que se sinten potentes e temidos, os defensores da España grande e libre podían ameazar aos que portaban unha insignia reivindicativa, unha bandeira ou simplemente falaban da democracia nos bares.
A historia que comentamos sucedeu en Pontedeume e hai só uns días. Como se o “réxime” non mudase no noso concello. Quen pasase polo mercado municipal decataríase que unha froiteiría que lucía fachendosamente unha bandeira do movemento Nunca Máis, xa estaba espida de tan provocativa insignia. A muller que rexenta o posto de froitas tivo que soportar moitos desplantes e intromisións por ousar lembrar a dignidade dun pobo que se fartou de dicir amén ás explicacións do PP cando o afundimento do Prestige. E estoicamente, como unha Mariana Pineda do século XXI, aguantou as impertinencias da veciña que despois de acudir a misa recomendáballe arriar a bandeira do escarnio. Outros deixaron de mercar por temor a ser contaminados polo chapapote da enseña.
Un bo día o encargado do mercado municipal, un celoso funcionario ao que non se lle ocorrería levar a contraria do seu xefe, conminou á froiteira a descolgar a bandeira do lugar. E dixo actuar en nome do alcalde de Pontedeume. A nosa Mariana contestoulle que semellante petición merecía ser inmortalizada nun edito para gloria da vila e corte. Nunca Máis seguíu impertérrita na parede do mercado. Pero só por un tempo. Un mal día, de forte temporal e ventiscas, a bandeira apareceu descolgada e despedazada. Foi mentres o recinto municipal estaba pechado e ninguén se explica como alguén poido acceder ao pedestal e descolgar o plástico negro e azul. Os máis miserecordosos achacan este incidente ao forte vento capaz de infiltrarse polas deterioradas xanelas e desraizar a Nunca Máis
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to Nunca Máis

  1. eutropio di:

    Ista parece un vella práctica na vila. Lembro, cando foi o do Prestige, e daquela gobernaban outros, que con motivo da cadea humana organizada polos centros de ensino da vila, en protesta pola política marcada pola Xunta e o Goberno, un grupo de persoas despregou unha xigantesca pancarta na ponte do ferrocarril. Unhas poucas horas despóis alguén encargouse de arrancala. Aplaudo ese acto enérxico, só lamento que non sexamos capaces de arrancar na nosa vila outras cousas das que merece a pena desfacerse

  2. Richi di:

    ¿Qué dano pode facer unha bandeira? Parece que para algúns moito.
    O problema contoumo fai unhas semanas a propietaria da froiteria e non daba crédito ó que me narraba…
    O que sí que ten decidido (e por cabezonería máis que poder ideáis) é plantar outra bandeira, pero desta vez dentro do local, co cal, se desaparece a bandeira, será un acto delitivo.

  3. soyuz nerushimi di:

    esta é a súa democracia

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s