Xuíz de Paz

libro_util_para_los_jueces_de_paz.jpgPolo visto o Concello de Pontedeume considerou innecesaria a designación dun xuíz de paz para esta vila. Pode que sexa pola negativa a conceder a Pontedeume un auténtico xulgado de instrución ou porque as liortas que teñen lugar os sábados á noite non sexan demasiado importantes como para ter que recorrer a un xuíz de paz.

A cuestión é que agora a praza está vacante e o Boletín Oficial da Provincia publica un anuncio polo cal se admiten candidatos a ocupar dita praza. Todo isto por iniciativa da Sala de Goberno do TSXG.

Segundo a enciclopedia Wikipedia, denomínase xuíz de paz ao xuíz encargado de administrar xustiza, resolvendo litixios de pequena contía en diñeiro ou de menor relevancia legal dentro dunha comunidade formada por poucos habitantes, frecuentemente rurais onde non existe un xuíz profesional, precisamente por ser lugares con poboación reducida. Habitualmente, un trazo especial do xuíz de paz é que, para desempeñarse como tal, non é condición necesaria ser avogado ou estudar Dereito, é dicir, é un tipo de xuíz non letrado. En xeral, o cargo de xuíz de paz pode ser confiado a calquera cidadán que reúna os requisitos fixados en cada lexislación (usualmente requírese ter un oficio coñecido na comunidade, ter un nivel educativo mínimo, gozar de prestixio entre os veciños do lugar, entre outros).

Dadas as características esixidas aos candidatos non parece difícil atopar ao máis idóneo para o cargo. En Pontedeume existen centos de cidadáns que cumpren os requisitos mínimos. Os máximos é outro cantar.

Da necesidade de contar cun xuíz non letrado non imos falar. Haberá eumeses que preferirían non ter que se someter ás decisións dun iletrado. Desconfianza razonábel se repasamos certas novas publicadas sobre resolucións xudiciais. Pero mellor iso que nada. Quen castigará ao que nos insulta ou ameaza? Quen multará aos xoves que amparándose na moda do botellón estraga o mobiliario urbano? (por certo , pensamos algunha vez que esta moda non lle afecta ao mobiliario rural?). Ademais cun xuíz de paz evitariase, por exemplo, que un condutor que atropelase a un peón dándose á fuga, volvese a conducir un automóbil polas rúas de Pontedeume catro días despois.


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s