Amnesia Histórica

cc.jpgAsí debería chamarse o estraño fenómeno que a sociedade civil (a militar é fariña doutro costal) está padecendo por mor do medo. Transcorreron máis de 30 anos dende a morte do ditador e aínda non fomos capaces de sacudirnos o temor ás pantasmas do fascismo. Dese pánico colectivo o máis salientábel son os recelos a recuperar aos que foron ignominiosamente asasinados e enterrados ás beiras dos camiños. Inxusta actitude para aqueles que deron a súa vida por un réxime democraticamente elexido e por un pobo ansioso de liberdade. Merecen un recoñecemento que implica trasladalos das fosas comúns que os sediciosos elexiron para ultraxar a súa memoria. Porén hai resistencia polos que, por parentesco ou ideoloxía, están próximos aos torturadores e asasinos. Unha condescendencia que cuestiona o carácter democrático do actual sistema e que salpica ás nosas institucións, mesmo ao poder xudicial.

Mais é de ben nacidos restituír o bo nome dos represaliados e desenmascarar a aqueles que dunha forma ou doutra participaron nun dos maiores xenocidios da nosa historia. Nestas mesmas páxinas falouse daqueles eumeses que sufriron persecución, torturas e morte a mans dos facinorosos militares e falanxistas. Hoxe lembraremos a un veciño desta vila que acadou unha alta responsabilidade dentro das filas dos sediciosos: nas súas mans estaba o destino de moitos prisioneiros

Rosendo Vilariño Tenreiro foi nomeado o día 10 de novembro de 1937 Xefe do Campo de Concentración de Prisioneros de Rianjo (sic) polo Xeneral Gobernador Militar da provincia da Coruña. Catro días despois foron destinados a este campo 1047 prisioneiros. A historia destes republicanos sería similar á dos moitos perseguidos polo simple feito de defender a orde constitucional.

No documento no que se dá conta deste nomeamento faise constar que Rosendo Vilariño Tenreiro era un alférez retirado que residía na vila de Puentedeume (sic) na que prestou servizo de armas con máis veciños na vixiancia do pobo, ata que se organizaron as Milicias Nacionais.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s