O botellón súbeselle á cabeza ao Concello

botellon.jpgHai unha preocupación seria polo fenómeno do chamado botellón. Digamos que unha dobre preocupación. Por unha banda o consumo de alcol é prexudicial para os máis xoves (e tamén para os adultos, claro). Por outra, o mobiliario urbano e os lugares públicos nos que se realizan estes rituais de entrada na maiorìa de idade, sufren importantes deterioros pola inconsciencia etílica.

O Concello de Pontedeume vén de publicar un bando no que pide a colaboración do sector hostaleiro para erradicar os botellóns. Unha inxenuidade semellante á dos que pregonan que Endesa deixe de producir enerxía eléctrica porque contamina. O mercado non está para prescindir de beneficios e menos nos tempos que corren. Se os hostaleiros deixan de vender alcol aos rapaces, de que vivirán as súas familias? Se teñen que pechar os negocios (Pontedeume xa sufríu unha baixada importante no número de establecimentos comerciais) o índice de paro na comarca aumentaría significativamente.

Esta chamada do Concello á responsabilidade dos hostaleiros non é coherente tampouco coa implantación do servizo de autobuses para desprazarse as noites dos sábados ás vilas nas que se celebra o botellón.  O noitebús é un servizo solicitado polos concellos e sufragado pola Xunta de Galiza. Os autobuses deben seguir circulando e propiciando a avalancha de xoves á vila de Pontedeume

Dende aquí propoñemos algunha medida que seguro deixaría limpo o xardín de Lombardero e os almacéns de Raxoi. Iso si, non diminuiría o consumo de alcol pero alomenos salvariamos os lugares públicos. Propoñemos que os propietarios  dos bares regalen unha bebida aos mozos que entreguen no seu local 6 envases baleiros (O consumo medio nunha fin de semana é de 160 c.c. de alcol puro, ou sexa, medio litro de whisky)

Tamén se podería subvencionar o pago das bebidas dentro dos locais. Hai que pensar que os botellóns xurdiron polo elevado prezo das consumicións nos bares e pubs. Conseguiriase así que os rapaciños estivesen protexidos e os pais máis tranquilos (A idade media de iniciación no botellón é de 13,6 anos). Se o Concello paga unha porcentaxe do consumo, estaría aforrando cartos da limpeza e desperfectos ocasionados nos botellódromos.

 

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to O botellón súbeselle á cabeza ao Concello

  1. Eumes di:

    Son eumés, o administrador de
    S.O.S. Pontedeume ¡ denuncia!
    , un blog que como ben sabes unha grande porcentaxe das súas entradas as acaparou o lixo e o vandalismo do botellón. Empezo dándoche as grazas por anticipado xa que coa túa entrada se demostra que hai máis xente preocupada polos prexuízos económicos e lixo que xera o botellón a todos os eumeses.
    Nesta entrada achegas unha idea que necesitaría moitas matizacións aínda que á fin e ó cabo é unha idea máis e que demostran as ganas que existe de solucionar o problema.
    O principal problema que eu lle vexo á túa idea é o que hoxe en día a “movida” se rexe por modas, polo que iso indica que hoxe está de moda un local e mañá pode non o estar. Seguindo co da moda iso significaría que de levarse a cabo a túa idea, moitos mozos quererían ir a ese ou eses locais de moda, polo que levarían alí esas botellas para conseguir a anhelada consumición, polo que en parte estariamos a trasladar a problemática da acumulación de lixo da celebración do botellón a un local público que se podería ver desbordado e que carrexaría máis gastos ao propietario deste, tendo en conta que igual non dispón da infraestrutura necesaria para recollelo e menos para trasladalo aos puntos de reciclaxe. Parabéns.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s