Alguén que sabe vivir

Esa frase “Saber Vivir” que dá título ao programa que presentaba (xa é pasado) Manuel Torreiglesias (antes Torre Iglesias) parecía ser tamén o núcleo central da filosofía que animaba a este insigne eumtorreiglesias.jpgés. Amante da boa vida e do luxo ostentoso pode presumir de ser o exemplo vivinte do home que partindo da nada chega a ter unha relevancia  e posición social que  traspasa a comarca das Andrade. Claro que para iso tivo que amasar antes algunha que outra fortuna. Agora a direcciópn de TVE acaba de despedilo por determinados excesos. Fontes do sector publicitario recoñecen que, nalgunhas ocasións, Torreiglesias “suxería un canon para el” á marxe da contratación oficial con TVE.
Os eumeses agardamos que este contratempo do ilustre (que non ilustrado) Torreiglesias non acrecente a crise económica que a nosa vila está sufrindo. Sabido é que este ex-presentador ten diversos negocios inmobiliarios en Pontedeume. E cabería dentro do posible que urbanizacións previstas na comarca, signo distintivo de calidade  onde os haxa, se fosen ao tacho por falta de recursos. Claro que algúns ecoloxistas locais seguro que tocarían palmas.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s