Pontedeume, bastión da moral

internet.jpegNa pasada Semana Santa a páxina web do concello de Pontedeume estrenouse cunha nova de interese: a publicación do programa de procesións e demais actos relixiosos que a igrexa católica ía desenvolver nesas datas como xa é tradicional. Poucos concellos teñen a valentía de apostar decididamente polo apoio explícito a uns actos relixiosos. Fronte a aqueles que defenden o carácter laico da administración, o goberno local de Pontedeume, coherentemente co ideario defendido polo Partido Popular, non se arreda ante a ola profana que invade a sociedade actual.

Por se quedasen dúbidas da cruzada moral que Torrente está disposto a levar, anúnciase un novo acto que ten como fin preservar aos nosos xoves dos perigos reais que axexan detrás das pantallas dos ordenadores. Unha conferencia impartida por persoal da Garda Cívil que versará sobre “os perigos de internet”.

Os pais e nais de Pontedeume podemos estar xa máis tranquilos. Non lles será doado aos pervertidos da rede contactar cos nosos fillos despois das interesantes recomendacións que recibiremos o próximo día 19. Propoñemos dende aquí novas medidas de protección par a xuventude: maior vixiancia nocturna para evitar actos deshonestos en lugares pouco transitados; promulgación dunha lei seca; prohibición da venda de preservativos que son un reclamo para a líbido; prohibición das reunións xuvenís despois das 10 da noite; restricións dos horarios para ver a televisión. E un longo etcétera.

Convencidos que os pais xa non temos autoridade sobre os nosos fillos e mentres estes non sexan responsables dos seus actos, debemos agradecer que sexa o alcalde quen abandere a educación dos rapaces eumeses. Pontedeume pode ser un modelo a exportar.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Pontedeume, bastión da moral

  1. Lluis di:

    Hola,
    He puesto un enlace a tu blog en mi nueva Web donde he dedicado una sección completa a Pontedeume, localidad de la que quedé enamorado cuando realicé un reportaje fotográfico. Os invito a visitar la página y si conoceis algún enlace más de Pontedeume que no esté en la lista os agradecería que me lo enviaráis para poderlo poner.
    Si vosotros queréis poner un enlace a mi sección de Pontedeume en vuestra página la dirección completa es:
    Pontedeume
    Un saludo y gracias,
    Lluis Carro

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s