Preparándose cara ó futuro

kick-boxing1.jpgSabemos que a sociedade é cada vez máis individualista e  un tanto agresiva. Certos sociólogos afirman que o modelo ao que nos diriximos esixe unha maior preparación para sobrevivir na selva (non se sabe por que identifican a selva como un lugar atrasado e sanguinario). O Concello de Pontedeume, anticipándose sempre á realidade, tivo a ocorrente idea de introducir un novo espectáculo nas tradicionais festas das peras. Un espectáculo que ademais de divertir fomentará nos nosos xoves un necesario interese polas artes marciais. O sábado día 5 de setembro terá lugar unha exhibición de Kick Boxing. Ese mesmo día pola noite os rapaces eumeses poderán aplicar despois do xa instituido botellón os coñecementos adquiridos.
Grazas anticipadas ao señor alcalde de Pontedeume e aos seus dignos concelleiros polo valor demostrado ao apostar por unha nova forma de cultura máis acorde cos novos tempos. A cucaña, a baixada do Eume, o concurso de froitas e mesmo os fogos de artificio representan un pasado excesivamente tradicional e falto de coraxe.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s