Seguindo as recomendacións ditadas pola ministra de sanidade, unha parella de coñecidos foi avistada desta guisa no intre de saudarse. A gripe porcina, rebautizada gripe A por deferencia aos porcos que non teñen a culpa do que pasa, está sendo utilizada polos medios conservadores para propiciar unha volta aos costumes tradicionais: nada de bicos nin apertas. Fontes solventes apuntan á posibilidade de que o virus fora expandido polos sectores máis integristas da administración Bush antes de perder as eleccións.
Dende este blogue chamamos aos eumeses a tomar todas as medidas necesarias para evitar o contaxio, ao tempo que podemos disfrutar cun saúdo orixinal.
Like this:
Gústame Cargando...
Relacionado
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.